Os propietarios do hotel O Cabazo, de Ribadeo, Juan López e Carmen García, recolleron este xoves en Fitur a Q de Calidade Turística que lle concede ó seu establecemento o Instituto para a Calidade Turística de España. Juan e Carmen móstranse moi satisfeitos por este reconocemento, que reciben por primeira vez, e despois de pasar estritas auditorías que confirman que a prestación do seu servizo garante calidade, seguridade e profesionalidade. Juan López e Carmen García aproveitan a súa estancia en Fitur para promocionar o seu establecemento entre os asistentes a este importante evento turístico.
