Lugo, 17 de xaneiro de 2013.- De confirmarse que o secretario xeral do PSdeG e presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, invitou a comer a preto de 300 sindicalistas da UXT, con cartos públicos, os lucenses teñen un presidente da Deputación que discrimina aos parados e invita a comer aos sindicalistas.
En dous decretos, con datas, 19 de decembro e 30 de decembro, ambos do ano 2013, Gómez Besteiro autorizou o pago dunha factura dun congreso da UXT na capital lucense, por importe de 3.588 euros, e o abono doutra factura por importe de 3.750 euros por un congreso da UXT na Costa. Ámbalas dúas facturas suman un total de 7.338,97 euros.
Din os populares que si o sindicato fai un congreso e ten ese gasto teno que asumilo e deste xeito o Grupo Provincial do Partido Popular pedirá explicacións a Gómez Besteiro na vindeira sesión plenaria.
Os populares din que esta actitude non se pode permitir e non debería ser común que a Deputación de Lugo asuma directamente gastos nos que incorreu este sindicato, máis aínda, cando parece, que son facturas unicamente de xantares
Un gasto non prioritario
A situación económica que atravesa España obriga aos dirixentes públicos a establecer unha rigorosa prioridade no gasto; dito isto, dende o GPP entendemos que este gasto non é prioritario e non podemos analizar este feito de maneira aillada á situación económica deste país. Neste momento, e tendo en conta as persoas que se atopan en situación de desemprego, este gasto parécenos inmoral
Deste xeito, os populares contrapoñen que Gómez Besteiro cree un plan de emprego que non permite participar na selección a 9 de cada 10 lucenses e deixa fóra a 55 dos 67 concellos da provincia; mentres paga comidas cuxo gasto o PP non considera prioritario.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



