Burela, 20 de xaneiro de 2014. Ao longo deste curso o Concello de Burela, a través da Delegación de Medio Ambiente, puxo en marcha a campaña denominada Recollida de tapas de plástico, nos dous centros de ensino, que consiste na reciclaxe co obxectivo de colaborar con distintas asociación dos Bancos de Tapóns de Galicia, concretamente neste caso co Banco de Tapóns Baixo Miño.
Desde a Concellería de Medio Ambiente e desde Gaia explican que “Banco de Tapóns é un proxecto solidario, creado co único fin de axudar no máximo posible a nenos/as que o necesiten. Nacido a partir dunha iniciativa cidadá, que consiste na reciclaxe, clasificación, empaquetado e posterior envío dos tapóns a unha empresa que os compra e finalmente entregar o diñeiro directamente ás familias sen medios económicos que teñen algún fillo cunha enfermidade ou outro tipo de problema ao que non lle poden facer fronte economicamente”.
As monitoras do Centro Gaia son as encargadas de presentar e explicar ao alumnado “porqué e para qué recollemos as tapas, qué tipos de tapas se poden reciclar, onde se poden depositar, para onde e para quén van destinadas”.
Os usuarios da Fundacion Eu Son Eu Son participarán a partires de hoxe nesta campaña. As monitoras acudirán ao centro e explicarán aos alumnos porqué se recollen as tapas, para onde van, que se fai con elas e que tapas serven. As monitoras colocarán un colector para que os usuarios depositen as tapas e tapóns de plástico que as monitoras posteriormente recollerán para enviar ao Banco de Tapóns de Baixo Miño.