Lugo, 17 de xaneiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo e voceiro do BNG na Deputación de Lugo, Mario Outeiro, criticou, este venres, na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno da institución provincial, o incremento das cotizacións mínimas para as persoas autónomas que contan con dez ou máis persoas empregadas no último ano, unha das últimas decisións adoptadas polo Goberno central relativas ao incremento dos custos sociais. Unha medida que representa unha suba do 22 por cento, o que se traduce en case 60 euros ao mes e que en palabras de Outeiro “afondará no estrangulamento económico ás persoas autónomas e emprendedoras”.
Este incremento tamén se producirá na base mínima para persoas autónomas, que é a cotización maioritaria tanto na provincia de Lugo como en Galiza, o que dificultará a recuperación económica deste sector da poboación activa e mesmo contribuirá a unha maior desaparición de pequenas empresas, mentres se limita a súa capacidade de xeración de emprego, principal problema económico en Galiza e no Estado.
Neste sentido, Mario Outeiro recalcou que “chama a atención que, nunha situación económica crítica para moitas persoas autónomas e titulares de PEMES, se incrementen as cargas sobre estas unidades económicas, máis aínda cando, paralelamente se incrementan as axudas a grandes empresas, ao mesmo tempo que se manteñen sobre elas enormes vantaxes fiscais que impiden ao Estado manter políticas económicas anticíclicas”.
Estas medidas foron adoptadas polo Goberno central co suposto obxectivo de facer viábel a Seguridade Social, que para o presente ano terá un déficit de máis de 10.000 millóns de euros. Neste contexto, o conxunto de reformas que gravarán con máis cargas ás persoas autónomas terán un impacto de menos de 1.000 millóns, polo que non contribuirá a resolver este problema ao mesmo tempo que provocará nefastas consecuencias para a maioría de empresas do tecido produtivo. A isto hai que sumarlle o feito de que o citado déficit ten unha causa directa na acusada baixa de cotizacións por mor da redución salarial, impulsada polas políticas do Goberno, sobre todo desde a reforma laboral.
Para Mario Outeiro “o mecanismo máis eficaz para a sustentabilidade da Seguridade Social pasa por unha reforma fiscal e políticas activas de emprego que reduzan a enorme taxa de paro, por asegurar o mantemento o nivel salarial de todos e todas as traballadoras, e non por incrementar as cotizacións aos segmentos máis vulnerábeis do tecido empresarial nun momento que atravesan serias dificultades económicas”.



















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



