Lugo, 30 de xaneiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, participou este xoves na presentación do libro “O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos, unha obra do experto en xeografía e en xestión de Patrimonio Cultural, José María Leal Bóveda, que xa ten publicado outros traballos de investigación sobre o patrimonio galego, algúns deles centrados nas estruturas singulares como os hórreos e os muíños. O libro complétase cun poemario e historias de Paco Rivas.
O servizo de publicacións dependente da área de Cultura da Deputación de Lugo foi o encargado de editar este exemplar, obra na que José María Leal estuda en profundidade, e aportando numerosas fotografías e material gráfico, o proceso de elaboración do pan, o alimento básico das sociedades humanas, así como todas aquelas construcións que interveñen nese proceso posibilitando a separación do gran da palla, o almacenamento do cereal, a súa transformación en fariña, así como a súa conservación.
O obxecto de estudo enmárcase na Mariña Lucense e no concello coruñés de Mañón. Todos os datos vertidos no libro que se presenta foron extraídos de estudos e catálogos feitos durante anos tanto por particulares como por institucións públicas, inventarios, traballos de campo e bibliografías onde se estudaron as tipoloxías e características construtivas e de uso dos elementos arquitectónicos protagonistas nesta publicación.
Durante a súa intervención, Mario Outeiro recordou que “aínda que a maioría de eiras, cabozos, muíños e fornos a día de hoxe non funcionan como tal, conforman unha parte importantísima do noso patrimonio arquitectónico e histórico, xa que representan o traballo e a vida nas comunidades rurais”, e destacou “a importancia desta publicación en canto difunde entre a sociedade actual unha forma de vida que hoxe se descoñece”.






















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



