A C.M.V.M.C. Real, Rañadoiro e Agudo, en colaboración co grupo de teatro O Batán, xa ten prevista a programación cultural a desenvolver no Centro Social de Cangas para o mes de febreiro. O domingo 2 de febreiro será a quenda das habaneras cun concerto de Escolma de meus a partir das sete da tarde. E o domingo seguinte, 9 de febreiro, á mesma hora, o grupo de teatro CREA de Viveiro presenta a obra “El Retablo de las Maravillas” de Miguel de Cervantes. O domingo 19 o grupo Ardora de San Cibrao achegará a peza teatral de Francisco Piñeiro “Xustiza de lei”, dirixida por Paz Rodríguez, tamén ás sete da tarde. No mesmo horario se desenvolverá o domingo 23 a representación de “Opereración Voltaren” da man do grupo de teatro Faro Miño de Chantada. A entrada a todas as actividades é de balde.
Programación cultural en Cangas para febreiro
Programación cultural en Cangas para febreiro
Relacionado
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga
-
Alumnado do certificado profesional de dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil (monitor de tempo libre) aproveitan a formación teórico – práctica para interacturar cos nenos da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña