A directiva de ACIA Foz entregou este mércores 8 de xaneiro outros 300 euros en vales de compra ao resto de afortunados no primeiro sorteo do Campañazo de xaneiro que tivo lugar o pasado venres, 3 de xaneiro, pola noite. Seis persoas resultaron agraciadas con 50 euros en vales de compra, cada unha, para gastar nos locais asociados ao longo das vindeiras semanas. A gañadora deste sorteo foi Mª José Castiñeira Lestegás, que xa recibiu o seu premio este martes. Este venres 10 de xaneiro, a partires das 23.00 horas, terá lugar o segundo sorteo do Campañazo de xaneiro de ACIA Foz. En xogo poránse 300 euros para a persoa que cante en primeiro lugar o bingo e outros 300 para o resto dos cartóns premiados.
