Ribadeo, 17 de xaneiro de 2014. O PXOM segue a ser unha prioridade absoluta para o equipo de goberno, segundo o alcalde, Fernando Suárez. O rexedor dixo que “estamos a contestar a todos os requerimentos que nos enviou a Xunta e iso estanos a levar un tempo”. O vindeiro luns, 20 de xaneiro, o alcalde e os técnicos encargados do PXOM manterán un encontro con todos os grupos políticos municipais para contarlles en qué fase se atopa o documento.
Suárez Barcia referíase hoxe ás declaracións que fixo o concelleiro Agustín Reymóndez, de UPRI, “sobre que no Concello estamos retardando o Plan Xeral, e teño que dicir que para nada é así. Eu creo que das cuestións que temos enriba da mesa dende que se aprobou provisionalmente hai uns meses día tras día é seguir traballando, como o estamos facendo, para que o Plan Xeral de Ordenación Municipal sexa unha realidade neste ano 2014”.
O alcalde ribadense sinalou que “eu convido a Tino, como xa lle dixen telefonicamente no día de onte, a que lle pode preguntar a calquera funcionario que estea con estas responsabilidades de trámites para que vexa que dende logo no Concello de Ribadeo témolo como prioridade absoluta e estamos traballando para cumprir todos os requirimentos que nos mandan dende a Xunta de Galicia. Algúns deles eu entendo que quizais son de maneira un tanto inxusta, pero non nos queda máis remedio que cumprilos sen máis, non estamos en circunstancias de discutir. Pero iso estanos levando un tempo”.
O rexedor explicou que “onte convoquei unha reunión para o luns co obxectivo de darlles conta a todos os grupos da Corporación do nivel de execución e do grado de desenvolvemento que levamos tanto no Plan Xeral como no plan especial do casco vello. É dicir, sempre estiveron todos os concelleiros da Corporación metidos en fariña, por así dicilo, en materia urbanística e sempre seguirán. Se non os chamamos nestas últimas semanas foi porque todos aqueles traballos que estamos facendo non son políticos, son estritamente técnicos. Pero como non temos nin queremos ningún mal pensamento citámolos a todos para o luns e darémoslles cumprida información, como non podía ser doutra maneira, do nivel de desenvolvemento e de traballo que estamos realizando dende o Concello, coa empresa redactora, cos técnicos municipais (o secretario, o arquitecto, etcétera) para cumprir os requirimentos que nos piden dende a Xunta”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



