O Burela Pescados Rubén colleitou un empate no Palma Arena ante o Hospital Llevant Manacor (2-2) que impediu a terceira vitoria consecutiva dos laranxas. O duelo entre baleares e galegos decidiuse nun intrépido tramo final no que a vitoria estivo bailando con ambas escuadras para finalmente non decantarse por ningunha. Nun partido no que as defensas se impuxeron aos ataques, as oportunidades aumentaron a súa cotización tras unha primeira parte que finalizou coa igualada inicial.
Na continuación o decorado seguía sendo o mesmo, os manacorís deixaban a iniciativa a un Burela Pescados Rubén que buscaba a chave para abrir o camiño da vitoria. Ata o minuto 36 non chegaron os goles, sendo os baleares os primeiros en golpear. Taffy marcou o 1-0 que tivo unha inmediata resposta por mediación de Juanma (1-1) e ao minuto seguinte, Isi limpou as telarañas da escuadra de Miguel Medina para adiantar ao Burela Pescados Rubén (1-2), minuto 37. Tras varios intentos con xogo de cinco do H.Llevant Manacor, chegou o empate local logo dun rexeite que propiciou que Chicho establecese o 2-2 definitivo.
Ficha técnica
H. Llevant Manacor: Miguel Medina, Vadillo, Joao Batista, A. Vega, Bruno Taffy –cinco inicial- Lemine, Toni Terrón, Pablo Salado, Chicho
Burela Pescados Rubén: Edu, Isi, Carlitos, Antoñito, Matamoros –cinco inicial- Mimi, Iago Míguez, Christian, David, Juanma.
Goles: 1-0, m.36, Taffy; 1-1, m.36, Juanma; 1-2, m.37, Isi; 2-2, m.38, Chicho.
Árbitros: Peña Díaz, Peña Gómez. Cartón amarelo (m.7) Carlitos do Burela Pescados Rubén.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
