Lugo, 16 de xaneiro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro valorou a achega da Consellería do Medio Rural e do Mar da que se verán beneficiados vinte e cinco centros educativos da provincia de Lugo para promover o consumo de froita fresca entre o alumnado.
COLEXIOS E INSTITUTOS
A iniciativa, financiada con cargo ao Fondo de Garantía Agraria, en colaboración coas consellerías de Cultura e Ordenación Universitaria e de Sanidade diríxese aos alumnos e alumnas de Educación Infantil de segundo ciclo, de Educación Primaria e de Educación Secundaria Obrigatoria dos centros que teñan solicitado a súa participación neste programa.
FROITAS GALEGAS PARA DISTRIBUIR NOS RECREOS
A Xunta outorga unha axuda por alumno e alumna e por día lectivo para a distribución de froita fresca no recreo, durante períodos de cinco días lectivos consecutivos. A duración desta iniciativa virá determinada polo propio centro escolar, que elaborará a proposta.
O obxectivo deste proxecto é promover unha alimentación saudable desde a infancia, polo que as froitas deberán ser preferentemente froitas frescas de tempada obtidas en Galicia empregando sistemas de produción sustentables e deberán ser de excelente calidade e óptimo grao de madureza.
Balseiro tamén lembrou que, do mesmo xeito a este programa, desde o departamento autonómico tamén se convocan anualmente axudas para o subministro de leite e determinados produtos lácteos aos alumnos.
No seguinte cadro detállanse os centros educativos beneficiarios das axudas na nosa comarca cun investimento previsto de preto de 12.000 euros
CEIP Virxe da Soidade | Lugo |
CPI Dr. López Suárez | Friol |
CEP Lois Tobío | Viveiro |
IES Fontem Albei | A Fonsagrada |
CEIP Santa María | A Fonsagrada |
IES Xograr Afonso Gómez | Sarria |
CPI Tino Grandío | Guntín |
CEIP San Miguel de Reinante | Barreiros |
CEIP da Pobra do Brollón | Pobra do Brollón |
CPI Virxe do Monte | Cospeito |
IES Muralla Romana | Lugo |
CEIP Rosalía de Castro | Lugo-Bóveda-Pol |
CPI Ramón Piñeiro | Láncara |
CEIP de Foz núm. 1 | Foz |
CEIP Benigno Quiroga Ballesteros | Lugo |
CEIP Otero Pedrayo | Rábade |
CEIP de Covas | Viveiro |
IES Illa de Sarón | Xove |
CPR A Milagrosa | Lugo |
CEIP Eduardo Cela Vila | Triacastela |
CEIP Terra Chá | Vilalba |
CPI Uxío Novoneira | Pedradita do Cebreiro |
CPI Poeta Uxío Novoneyra | Folgoso do Courel |
IES Vilar Ponte | Viveiro |
CPI Dr. López Suárez | Saviñao |