Cervo, 25 de febreiro de 2014- A bandeira do Concello ondea a media hasta e con crespón negro dende este martes e ata o mércores 26 en homenaxe ao ex alcalde de Cervo, Marcelino Andía Vidarte, falecido no día de onte aos 75 anos de idade. Do mesmo xeito, o Concello transmitiu formalmente ás súas condolencias á familia.
Ademais, dende o Concello queren manifestar publicamente a súa máis profunda dor pola morte de Marcelino Andía, que ostentou o cargo de alcalde de Cervo entre os anos 1983 e 1987.
O funeral terá lugar esta tarde, ás 16:30 horas, na Igrexa parroquial de Burela. O sábado día 1 de marzo ás 17:00 horas celebrarase unha misa funeral na Igrexa de San Jorge de Lourenzá.