A Comunidade de Montes de Vilaestrofe, do Concello de Cervo, quere mostrar á súa preocupación polo cariz que están a tomar os acontecementos con respecto a mina de caolín sita no Monte Castelo, de titularidade desta Comunidade, coas inclemencias meteorolóxicas actuais, e co terreo en constante deslizamento.
“Coñecemos estes días a noticia de que o noso veciño e concelleiro deste Concello, José Manuel Balseiro Orol, se vai a interesar polo tema no Parlamento de Galicia; polo que queremos mostrar a noso apoio a esta medida poñéndonos á súa disposición para informalo de como está a situación, así como da preocupación dos veciños, como non podería ser doutro xeito, na data e lugar que vexa convinte”, explica o Presidente da Comunidade de Montes, Leandro Río.
Así mesmo, expresa a súa alegría por que exista esa preocupación polo estado da fenda. “Que se vaia a debatir no Parlamento de Galicia, quere decir que a situación é importante, e dende a Comunidade vamos a poñer todo da nosa parte para que a situación se resolva”, remarca.
“O que nos resulta menos comprensible é a actuación da empresa, “Area Minera del Atlánticos S.L.”, que dende a paralización da actividade mineira non tratou de solventar a situación, a pesares dos nosos intentos de poñernos en contacto cos actuais directivos, e que agora ó parecer xa se atopa en proceso concursal”, engade.
Ademais, inciden en que “a fenda está en terreo non ocupado pola empresa mineira, e non pode entrar a efectuar ningún tipo de actuación sen anterioridade proceder á súa ocupación e satisfacer as cantidades estipuladas no contrato”.
Por outra banda, afirman tamén que “vemos como xa van dous anos nos cales se nos debe o arrendamento da superficie ocupada, 29,15 hectáreas, pero sobretodo o que máis nos interesa e preservar a seguridade dos traballadores e dos nosos veciños, que é o máis importante”.
A Comunidade quere facer un chamamento ó diálogo e por iso “poñémonos a dispor do señor Balseiro deixando claro que se desexa mediar e buscar unha solución será benvido, porque a Xunta é a que ten competencia actualmente para que a empresa volva a reanudar a actividade que xa foi quen paralizou a mesma”.
Así mesmo, cren convinte que “a Xunta evalúe, coordine e faga un seguimento, das actuacións a levar a cabo, e lle pida a empresa o depósito dun aval pola cantidade precisa para executar as claúsulas do contrato e polas tarefas a realizar, pois non creemos nas promesas dos directivos da empresa.
Non entenderiamos que se procedera a autorizar a actividade se está sen resolver o da ocupación, así como o dos imcumprimentos do contrato que vincula a Comunidade e empresa”.
Aínda así, deixan claro que “non entenderiamos que se procedera a autorizar a actividade se está sin resolver o da ocupación, así como o dos imcumprimentos do contrato que vincula a Comunidade e empresa”.
Finalmente, a Comunidade de Monte manifesta o seu interese por que a empresa continúe a súa actividade, “pois xera importantes postos de traballo e recursos económicos para a nosa parroquia, pero non queremos que sexa a costa de poñer en perigo ós nosos veciños”.