A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, supervisou este mércores algunhas das actuacións levadas a cabo coa financiación da Deputación de Lugo na Mariña, en concreto as realizadas nos Concellos de Riotorto e A Pontenova. Foron en total 47 obras solicitadas polos propios veciños e que a institución provincial financiou ó 100% aportando unha achega total de 367.000 euros.
Estas axudas, malia que non de gran contía, ó non superar os 12.000 euros, teñen unha importancia fundamental, posto que permiten levar a cabo unha serie de obras que os Concellos non son quen de afrontar. Deste xeito, a axuda do organismo provincial para mellora a calidade de vida dos veciños supón un considerable aforro para as arcas municipais.
As obras visitadas consistiron no acondicionamento de accesos e camiños veciñais que dan servizo tanto a vivendas, no caso dos situados en Val e Vilarquide, como a dotacións de uso comunitario, en Santa Comba de Órrea, no Concello de Riotorto. Estas obras contaron cunha achega total de 33.000 euros. Outra tipoloxía de obras financiadas foron a posta en marcha dunha instalación de traída de auga para os veciños de Neipín, e dun campo da feira para os de Vilaoudriz, ambas no Concello da Pontenova. Estas actuacións recibiron 19.000 euros dos 41.000 euros destinados a melloras en todo o Concello.
Melloras en todos os Concellos da Mariña
No conxunto da Mariña acometéronse 47 obras grazas á axuda da Deputación de Lugo. Cunha inversión total de 367.000 euros, as actuacións máis demandadas polos veciños foron aquelas destinadas á posta en marcha e mellora de dotacións de uso comunitario, como o caso da pasarela cuberta para comunicar os edificios do CEIP San Miguel, no Concello de Barreiros, ou a instalación eléctrica no centro social de Santa Cilla, no Concello de Foz. Este tipo de obras supuxeron un 53% do total.
Tras as melloras en dotacións, destacou o 36% que supuxeron as obras de acondicionamento de accesos e camiños, como as visitadas hoxe; a levada a cabo nos acessos na LU-151, no Concello de Foz, onde a axuda do organismo lugués permitiu a instalación de beirarrúas, ou a de acondicionamento da ruta dos muíños en A Rigueira, no Concello de Xove. Finalmente, tamén se levaron a cabo obras de mellora e arranxo de fontes e traídas de auga, que sumaron un 11% do total.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



