SANTIAGO. A Comisión Executiva da Fegamp lamentou este mércores, durante a súa reunión mensual, que non se puidese alcanzar un novo acordo para negociar coa Xunta a subida prevista do canon de Sogama, que será dun 34% a partir do próximo 1 de marzo.
O presidente da Federación e alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, expuxo á Executiva o labor de interlocución coa Xunta realizada por segunda vez para abordar esta cuestión, despois da solicitude exposta por un grupo de alcaldes de Lugo e Ourense nas últimas semanas.
Segundo trasladou Rey Varela tras os contactos coa Consellería de Medio Ambiente, o actual contexto normativo do sector enerxético estatal e as previsións dun novo regulamento aínda máis restritivo e lesivo para os intereses de Sogama imposibilitaban abrir unha negociación para modular a subida prevista para o 1 de marzo.
Na súa exposición, Rey Varela detallou que ante as dificultades do escenario “nin tan sequera é posible recuperar o preacordo alcanzado en novembro para atrasar a subida ao 1 de xullo e limitala ao 17% no conxunto do ano”, medida que foi rexeitada por diferenzas na Executiva e que impediu a súa aplicación.
A Comisión Executiva rexeitou, cos votos dos alcaldes do PPdeG, a petición de PSdeG e BNG para que a Fegamp interpuxese un recurso xudicial ao incremento do canon por parte de Sogama. Segundo manifestou José Manuel Rey, “os concellos teñen liberdade de acción para tomar as decisións que consideren oportunas no exercicio da súa autonomía local”, aínda que a Federación manterase á marxe “ao volver existir posicións diversas no seu seo”.
No entanto, si se ratificou unha vez máis a postura contraria da Federación a esta subida, “coa que ningún alcalde está de acordo nas actuais circunstancias”, incidiu Rey Varela, quen lembrou que a Fegamp “nunca avalou esta subida” nin sequera “cando negociamos en novembro a medida paliativa do atraso ao 1 de xullo”.
Reforma local
A Comisión Executiva tamén analizou as consecuencias que para os concellos está a ter a reforma local, despois das súas primeiras semanas en vigor, principalmente a cuestión relativa á repartición de competencias entre as administracións municipal e autonómica.
Neste apartado, Rei Varela incidiu en que está aberto unha canle constante de comunicación coa Dirección Xeral de Administración Local para estudar os efectos da reforma e adoptar as medidas oportunas que permitan manter e garantir servizos públicos de proximidade desde os concellos.
Atención especial recibe o apartado dos gastos de saúde. Segundo a Disposición Transitoria Primeira da Lei 27/2013 de 27 de decembro, as autonomías disporán de 5 anos para asumir paulatinamente estes servizos sanitarios, a razón do 20% anual.
Segundo os datos de 120 concellos consultados directamente pola Fegamp e expostos por Rey Varela ante a Executiva, o gasto en centros de saúde no primeiros once meses de 2013 ascendeu a 2,63 millóns de euros, que se deben sumar aos 5,2 millóns de euros dos programas de atención a drogodependentes e outro millón máis estimado en plans de prevención.
“En total, será un gasto de ao redor de 10 millóns de euros”, valorou José Manuel Rey, para quen é “esencial abrir un diálogo coa Consellería de Sanidade” que elabore a folla de ruta para o proceso de transferencia destes servizos ao Sergas.






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



