Espazo Ecosocialista, formación ecosocialista integrada en AGE, celebrou a súa II Asemblea Nacional este sábado 22 de febreiro en Ames dous anos despois do seu nacemento.
Esta forza conformada fundamentalmente por persoas procedentes dos movementos sociais e da esquerda renovadora esta acentuando o seu papel propositivo e de alternativa construtiva á vez que medra e consolida a súa estrutura territorial e o seu crecemento.
No plenario da mesma que se celebrou no Pazo da Peregrina de Bertamiráns (Concello de Ames) participaron 93 persoas inscritas de Espazo dos preto de 300 que ten na actualidade.
Ademais participaron coma convidados as distintas forzas da esquerda galega e europea coas que Espazo Ecosocialista mantén relacións políticas. Entre os convidados estiveron presentes Marcelo Belotti, responsable de relacións para o sur de Europa de Sinistra Ecologia e Liberta (Italia) e Laia Ortiz, portavoz no Congreso dos Deputados de IVC (Catalunya). Ademais proxectaronse e leeronse saudos da Chunta Aragonesista e de Iniciativa Vers de Baleares e de Stavros Karagkounis, do departamento de Internacional de Syriza (Grecia).
De Galicia participaron Pilar Candocia, portavoz de Ames Novo, Xiana López da FPG, e Yolanda Díaz, Coordinadora Nacional de EU e Viceportavoz Parlamentaria de AGE.
AGE como instrumento estratéxico
A II Asemblea Nacional celebrouse no contexto do proceso de recomposición da esquerda nacional e marcado por un calendario onde as próximas citas electorais . europeas e municipais – terán un carácter extraordinario ao darse no cambio de ciclo político marcado polo esgotamento do modelo xurdido da transición e coa posibilidade de abrir un período constituínte cara a unha democracia máis avanzada.
O informe Político aprobado por unanimidade esta enmarcado tamén neste ciclo de cambio político, co xurdimento de novos instrumentos coma o propio Espazo Ecosocialista e de necesidade de fortalecer os espazos unitarios de esquerda e democráticos.
A asemblea aprobou, con unha abstención, unha primeira resolución a proposito da reconstrución da esquerdas nacional onde se abordan propostas concretas tanto no eido político coma con respecto ao grupo parlamentar para avanzar máis aló dos partidos na vertebración cidadá de AGE.
A Asemblea Nacional de Espazo tamén aprobou, con unha abstención, unha resolución sobre as eleccións europeas na que se aposta por concorrer ás próximas eleccións europeas cun programa por unha Europa social fronte ao modelo neoliberal de recortes e da soberanía cidadá en contra do secuestro autocrático por parte da Troika, no marco dun suxeito galego nacional, continuador de AGE, e aliado nun fronte amplo de carácter estatal e nunha alianza das forzas políticas da esquerda verde e unitaria do sur de Europa.
Elección de órganos de dirección
Por último a Asemblea Nacional votou as propostas presentadas tanto para Coordinador e Coordinadora Nacional, como para o Consello Aberto Nacional e a Comisión de Ética e Dereitos todas elas por unanimidade.
Xoán Hermida e Modesta Regueira serán o Coordinador e Coordinadora Nacional. o Consello Aberto Nacional tamén será un órgano paritario de 17 homes e 17 mulleres (cunha renovación en algo máis do 50%). A Comisión de Ética e Dereitos comporase de catro membros (todos novos nesta función).
Equipo Coordinador Nacional
O novo Consello Aberto Nacional reuniuse para elixir o Equipo Coordinador Nacional que quedou composto por:
· Xoán Hermida González (Coordinador Nacional)
· Modesta Regueira Núñez (Coordinadora Nacional)
· Manuel Dios Diz (Vicecoordinador de política institucional)
· María Xesús Bóo Feijoo (Vicecoordinadora de relacións sociais)
· Juan Martínez García (Vicecoordinador de comunicación e acción electoral)
· Sara Ramirez Abal (Vicecoordinadora de area interna e participación)
· Manel Cardoso Santiago (Vicecoordinador de relacións políticas)
· Pepa Faraldo Vallés (Vicecoordinadora da area programática)


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



