A Asociación cultural A Pomba do Arco, de Foz quere convidar a tódolos nenos da Mariña a participar do Concerto que este venres, día 28 dará Uxía Senlle na Casa da Culttura Manuel María de Foz.
Este venres día 28, ás 18.00 horas Uxía Senlle presentará o seu derradeiro traballo Rosalía Pequeniña, un libro disco no que aparte dos poemas de Rosalía de Castro pódense atopar as novas cancións de Uxía.
Pero Uxía Senlle é moito máis e por iso aparte de cantar as cancións do seu derradeiro traballo tamén nos lembrará algunhas do seu anterior libro disco María Fumasa.
Uxía non estará soa no escenario pois canda ela estarán Serxio Tannus (guitarra) e Santi Cribeiro (acordeón) que a acompañarán nas distintas intervencións.
Trátase dunha actuación orientada para nenos e nenas que gozarán das cancións que seguro coñecen pois tanto Rosalía Pequeniña como o seu anterior traballo María Fumasa alcanzaron un grande número de vendas nas librerías de Galiza.
O prezo da entrada é de 2€ .
Agardamos contar con moitos nenos e nenas da Mariña Lucense e acompañar todos xuntos a Uxía Senlle nas súas cancións.