Ribadeo, 7 de febreiro de 2014. Josefina Díaz Folgueira, a gañadora do primeiro premio da campaña de Nadal de ACISA, recibiu na tarde deste venres o seu premio: 4.000 euros en vales de compra para gastar nos establecimientos asociados durante o vindeiro mes de marzo. O cheque foille entregado polo presidente do colectivo, Roberto Rivas, ao que acompañaron outros membros da directiva.
Josefina Díaz Folgueira recibiu a papeleta cuxos números coincidiron co primeiro premio da Lotería do Neno, o 76.524, en Droguería-Decoración Pulpeiro, tenda con longa traxectoria en Ribadeo, situada na rúa Viejo Pancho, 2.
Durante dous meses ACISA buscou aos outros dous ganadores da campaña de Nadal na que en total puxo en xogo 7.000 euros en vales de compra. Dende a directiva explican que “al ver que iban pasando los días y que nadie se ponía en contacto con nosotros, intentamos dar con ellos a través de los establecimientos en los que se entregaron los números premiados: Glass y Tourline Express, pero finalmente nadie ha reclamado esos premios”. E engaden: “es posible que esas papeletas se hubiesen ido fuera de Ribadeo o de toda esta zona. Nuestro comercio es un referente y son muchas las personas que durante las navidades se desplazaron aquí a hacer sus compras, a visitar Ribadeo o a su familia y aprovecharon para irse de tiendas. Nos alegra dar el primer premio a una ribadense, pero también nos hubiese encantado entregar los otros dos. Es muy importante que en estos sorteos los clientes de nuestros locales guarden las papeletas y las comprueben para poder hacerse con los premios, que con los tiempos en los que estamos siempre son bienvenidos”.
Ás oito da tarde concluíu o prazo para reclamar os premios da campaña de Nadal. E minutos despois procedeuse ao acto de entrega á única afortunada.





















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



