Chega á terceira xornada das Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz o vindeiro sábado 15 de febreiro. Será a dedicada ás actuacións artísticas que terán lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz a partir das 19.00 horas.
Os participantes por parroquias serán:
LAGOA: MONÓLOGO. O actor Alberto Sánchez, do grupo teatral Raiolas, ofrecerá un monólogo de tema segredo.
MOR: CHISTES. Luís de Rubal, veciño da parroquia, da familia propietaria do Serradoiro Hijos de Ramón Rubal, contaranos unha serie de chistes, a cal máis gracioso.
BACOI: CANCIÓN. A cantante Almudena Cuadrado representará a Bacoi interpretando varias cancións do seu repertorio.
ADELÁN: BAILE. As bailarinas Olaya Pedrosa e Lara Álvarez, alumnas da Escola de Baile Gold Dance, bailarannos algunhas pezas.
TERRAS ALTAS (OIRAS E PEREIRO): GAITA. O coñecido gaiteiro do Pereiro “Pego” tocaranos a súa gaita e alegrará a festa cos seus sons.
CARBALLIDO: MONÓLOGO. O actor José Juan Geada “Xaque”, do Grupo Teatral Raiolas, fará un monólogo de tema aínda por determinar.
REIRADO: TEATRO. José Ramón Sixto e as súas fillas Laura Sixto e Rocío Sixto porán en escena unha selección de escenas da obra “Ladronzuelos no Belén”, do Grupo de Teatro da Confraría “Cristo Xacente e Virxe das Dores”.
O CASTRO: CANCIÓN. A cantante Adela Díaz interpretaranos varios temas do seu repertorio coa súa estupenda voz.
O xurado que valorará estas probas estará formado, entre outros, por Noé Recalde (Grupo de Teatro de Lourenzá), Jorge Olivera (Músico), Paco Piñeiro (Director de diversos grupos de teatro da Mariña), Paz Rodríguez (Directora do Grupo de Teatro Ardora, de San Cibrao), Ramón Ares (actor dos grupos Adala de Fazouro e Ollomao de San Miguel) e Marco Uría (profesor de baile na Asociación Cultural Amado Lar do Valadouro).
O gañador nesta proba artística obterá 200 puntos para a súa parroquia. O segundo, 175 puntos; o terceiro, 150 puntos; o cuarto, 125 puntos; o quinto, 100 puntos; o sexto, 75 puntos; o sétimo, 50 puntos, e o oitavo, 25 puntos.
A organización convida a todos a achegarse a Alfoz o sábado 15, para presenciar estas actuacións que tamén contarán coa visita da TVG para gravar o evento.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



