Ana e Ainara volveron protagonizar, unha vez máis, a proba do Corre con nós disputada en Lugo o pasado domingo 16 de febreiro e á que se desprazou a sección de atletismo das ED Lourenzá- Mondoñedo.
Nesta ocasión, Ana Vallines alzouse coa primeira praza da categoría B; mentres que Ainara Rodríguez conseguiu tamén subirse ó terceiro escalón do podio.
RESULTADOS CORRE CON NÓS SAAMASAS
CATEGORÍA A FEMININA
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLUB |
| 4 | 5183 | VALERIA | ALVAREZ FOJO | 00:02:48 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 19 | 5193 | IRIA | RODRÍGUEZ ARES | 00:03:19 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
CATEGORÍA A MASCULINA
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLUB |
| 11 | 5197 | FERNANDO | VALLINES FERNÁNDEZ | 00:02:43 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 36 | 5184 | BRAIS | DIAZ SALAS | 00:02:58 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
CATEGORÍA B FEMININA
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLUB |
| 1 | 5443 | ANA | VALLINES FERNÁNDEZ | 00:03:39 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 3 | 5439 | AINARA | RODRÍGUEZ ARES | 00:03:42 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 5 | 5430 | CLAUDIA | GRAÑA FERNANDEZ | 00:03:45 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 44 | 5444 | MARÍA | VALLINES FERNÁNDEZ | 00:05:31 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
CATEGORÍA B MASCULINA
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLUB |
| 12 | 5425 | NICOLAS | ALVAREZ FOJO | 00:03:49 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 23 | 5428 | ALEIX | DIAZ SALAS | 00:04:06 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
CATEGORÍA ADULTOS MASCULINA – 6 KMS
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLUB |
| 98 | 403 | JOSE CARLOS | DIAZ BLANCO | 00:23:06 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 130 | 401 | JOSE MANUEL | ALVAREZ CARBAJALES | 00:23:48 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 197 | 406 | LUIS MANUEL | GRAÑA GONZALEZ | 00:24:56 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 736 | 407 | JOSE | LOPEZ GAVIN | 00:41:12 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
CATEGORÍA ADULTOS FEMININA – 6 KMS
| P.GEN | DORSAL | NOM. | APELL. | T.OFICIAL | CLUB |
| 53 | 3064 | DOLORES | PIÑEIRO RODRÍGUEZ | 00:28:47 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 61 | 3055 | MARISA | ARES REIGOSA | 00:29:21 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 184 | 402 | FEDRA | ALVAREZ-VIJANDE MARTINEZ | 00:41:12 | ESCOLAS DEPORTIVAS LOURENZÁ MONDOÑEDO |
I Trofeo Copa Deputación
Ademais, a sección desprazarase o vindeiro sábado 22 de febreiro a Lugo para participar as categorías benxamín, alevín e infantil da sección na I Trofeo Copa Deputación que se organiza no módulo de Pista Cuberta en Lugo. Esta proba valerá tamén para realizar marca de cara ó vindeiro campionato galego de pista cuberta que se celebrará en Riazor o vindeiro 1 de marzo.























Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
