O ministro de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Miguel Arias Cañete, anunciou este martes a posta en marcha dun plan de renovación de maquinaria agrícola, “destinado a mejorar la eficiencia energética y la reducción de la contaminación”, nunha aposta por maquinaria menos contaminante, tanto en partículas como en emisións de CO2.
Así o manifestou momentos antes de participar en Zaragoza na inauguración da 38ª edición da Feria Internacional FIMA 2014, acompañando ó Príncipe de Asturias.
Arias Cañete destacou o “cambio de tendencia”, constatado por primeira vez o ano pasado, co incremento das matriculacións de tractores, maquinaria agrícola e remolques. Neste sentido resaltou a incidencia da Reforma da PAC, que garantiza aos agricultores axudas que suporán un 30 por cento da súa renda. “Tenemos un horizonte de crecimiento económico en agricultura y un sector con un futuro despejado, que le permite hacer inversiones en innovación tecnológica” sinalou o ministro.
Por iso, subliñou a importancia desta Feria coa gran oferta de novas tecnoloxías que ofrece ao agricultores a posibilidade de planificar as súas inversións a curto e medio prazo.
PRESENCIA DO MINISTERIO EN FIMA 2014
O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente presenta os resultados dos ensaios e investigacións sobre maquinaria agrícola, desenvolvidas polo Departamento ou en colaboración con outras institucións, no marco da Feira Internacional FIMA 2014, que se celebra en Zaragoza do 11 ao 15 de febreiro.
Para iso, o Ministerio conta cun stand no que, a través de folletos, carteles e diversas publicacións, informa aos visitantes sobre as actividades que se realizan na Estación de Mecánica Agrícola.
También se explican todos os ensaios de seguridade que se realizan a tractores e máquinas agrícolas.
Ademais explicase a evolución das inscricións de maquinaria agrícola, de acordo co Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola, destacando tractores, maquinaria automotriz, maquinaria arrastrada e suspendida.
Outro dos aspectos que se presenta no stand é a investigación sobre a eficiencia enerxética nos tractores agrícolas, mostrando a metodoloxía española desenvolvida polo Departamento en colaboración co Ministerio de Industria, Turismo e Enerxía, desenvolvida pola EMA e o IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía).
O público asistente tamén recibe información sobre a caracterización de abonadoras de proxección. Móstranse os resultados dun Convenio establecido entre o Ministerio e a Universidade de Valladolid, no que se ensayaron 20 abonadoras na EECAS (Estación de Ensayo de Abonadoras de Palencia), con 8 dos tipos dos fertilizantes máis utilizados en España, para mellorar a distribución horizontal do abono, e
disminuir así, a utilización innecesaria de abono nitroxenado.
Tamén se distribée material divulgativo sobre a inspección de equipos de aplicación de produtos fitosanitarios, no que se mostran as características das inspeccións (tipos de equipos, periodicidade, etc.) de acordo co establecido no Real Decreto que desenvolve a Directiva comunitaria sobre Uso Sostenible dos Plaguicidas. Móstras a regulación das Estaciones de Inspección (ITEAF).
O Ministerio participa así, como ven sendo tradicional desde o inicio de FIMA en 1964, nesta Feira agrícola de gran relevancia en España e unha das principais en Europa, onde se realizan gran parte das
actividades e encontros dos profesionais, avalados polas Xornadas Técnicas, as Comunicacións de Investigación e os Concursos de Innovación.