As categorías de base do Burela FS Pescados Rubén terán unha fin de semana atarefa. Ao desenvolvemento dos partidos de Liga Autonómica Infantil, Deporte Escolar e Liga Prebenxamín da Mariña súmanse o comezo da Copa Nacional Xuvenil e a fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-16.
Os laranxas Aarón, Noé e Mamadou partirán esta tarde na expedición de Galicia Cadete con rumbo a terras catalás. As localidades de Puigcerdà e Alp acollerán a competición o sábado e o domingo con Aragón, Cataluña e Valencia xunto aos irmandiños.
O combinado galego tamén tenrá citas de preparación estes días, cos adestramentos da Selección Infantil mañá, con Luismi e Nito, e Sub-19 o vindeiro luns, con Hélder.
Copa Nacional Xuvenil
Burela FS-Azkar Lugo FS
Domingo 23 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Autonómica Infantil
CD Mare Nostrum FS- ED Burela FS
Venres 21 de febreiro, ás 20.30 horas, no pavillón municipal Brexo Lema de Cambre
Deporte Escolar
Ribadeo FS Cadete-CD Burela FS Cadete A
Sábado 22 de febreiro, ás 10.30 horas, no pavillón municipal de Ribadeo
ED Burela FS Infantil C-ED Burela FS Infantil A
Sábado 22 de febreiro, ás 13.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Burela FS Infantil A-ED Lourenzá Mondoñedo FS Infantil
Domingo 23 de febreiro, ás 18.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
ED Burela FS Infantil B-ACD Xove Infantil
Sábado 22 de febreiro, ás 10.15 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Burela FS Alevín-ED Lourenzá Alevín
Sábado 22 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
ED Burela FS Benxamín-ACD Xove Benxamín A
Sábado 22 de febreiro, ás 11.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela
Liga Prebenxamín da Mariña
ED Burela FS-Santiago de Foz FS (Prebenxamín 1)
Domingo 23 de febreiro, ás 12.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela
ED Burela FS-Santiago de Foz FS (Prebenxamín 2)
Domingo 23 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón Monte Castelo de Burela