Burela, 21 de febreiro de 2014. Burela contará con 7 novos colectores para a recollida de papel e cartón e con 20 para os residuos sólidos urbanos. Os recipientes foron presentados este mediodía na praza do Concello polo alcalde, José Mª González Barcia, a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, o concelleiros de Obras, Manuel Fernández Valle, e por representantes da empresa Celta Prix.
A edil popular explicou que “en 2013 tiñamos a pé de rúa 52 colectores para cartón e papel, o que supoñía unha ratio de 1 colector por cada 186 habitantes. E agora con estes sete novos contedores serán en total 59 e a ratio será de un colector por cada 164 habitantes. Deste xeito redúcese en 22 puntos a ratio de contedor por habitante”.
López Eijo indicou que “tamén estrearemos en Burela 20 contedores máis para recollida de residuos sólidos urbanos. Dez quedarán coma reserva para seren empregados cando sexa necesario e os outros dez substituirán a aqueles que se atopan máis deteriorados”. A responsable de Medio Ambiente subliñou que “deste xeito melloramos o servizo de recollida do lixo e tamén o ornato do noso pobo. E no caso do papel e do cartón damos un paso importante porque achegamos máis o servizo ao cidadán”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



