Cunha entrada espectacular no Pavillón Municipal de Alfoz celebrouse a Segunda Xornada das Olimpíadas Interparroquiais deste concello, a dedicada ó fútbol sala.
A presentación correu a cargo de Cachín e Leni; mentres que os árbitros foron Tino Paleo e Josep Hernández. Emocionante, divertido e cunha enorme participación de xogadores (preto de 80 futbolistas) e de público (varios centos de espectadores), a xornada rematou co triunfo do equipo da parroquia de Carballido, que venceu nos penaltis na final á parroquia de Lagoa, despois de que ambas empataran nos 20 minutos regulamentarios a 2 goles.
As aliñacións dos diversos equipos foron as seguintes:
LAGOA: Buyo, Mario, Juanjo, Dani Río, Ribera, Rubén, Ras e Marcos.
REIRADO: Morroncho, Pepe Piribí, Diego Piribí, Piribí, Bolillo, Ángel e Jaime.
TERRAS ALTAS (Pereiro e Oiras): Fran, Christian, Gilberto, Miguel, Erik e Samuel.
O CASTRO: Xabier, Ángel, Joaquín, Jesús Cao, Tito Cao, Manolo Febrero, Martiño, Dani, Miguel e Emilio Febrero.
ADELÁN: Jacobo, Héctor, Eloy Canoura, Crisiño, Álex, Alfonso, David, Dani Cao e Javier.
BACOI: Marco, Marrón, Jonathan, Maikel, Laureano, Juan Carlos, Roberto Carlos e Ricardo.
CARBALLIDO: Valea, Pille, Iván, César, Dourado, Antonio, René e Cuco.
MOR: Jordi, Javier Castro, Eloy Montero, Juan, Fernando, Roberto, Enrique, José Antonio, Ramón, Dani Daniel, Carlos e Anxo.
CUARTOS DE FINAL
Lagoa, 2; Reirado, 1. Goles de Dani Río e Ribera para Lagoa e de Bolillo para Reirado.
Terras Altas, 2; Castro, 0. Goles de Fran e de Erik.
Adelán, 4; Bacoi, 0. Goles de Eloy (3) e Crisiño.
Carballido, 1; Mor, 0. Gol de Pille.
SEMIFINAIS
Lagoa, 1; Terras Altas, 0. Gol de Dani Río.
Adelán, 0; Carballido, 1. Gol de Pille.
FINAL
Lagoa, 2; Carballido, 2. Goles de Dani Río (2) para Lagoa e de Valea (2) para Carballido.
Nas quendas de lanzamento dos penaltis transformáronos en gol por Carballido Valea, Pille e Dourado, mentres que fallou Iván; por parte de Lagoa transformáronos Mario e Dani Río, fallando Ribera e Marcos.
Os puntos obtidos por cada parroquia na xornada de fútbol sala foron:
1. Carballido: 200 puntos.
2. Lagoa: 150 puntos.
3. Terras Altas: 100 puntos.
4. Adelán: 100 puntos.
5. Reirado: 50 puntos.
6. O Castro: 50 puntos.
7. Bacoi: 50 puntos.
8. Mor: 50 puntos.
E finalmente, a clasificación das Olimpíadas, transcorridas as dúas primeiras xornadas, está do seguinte xeito:
1. LAGOA: 345 puntos.
2. Carballido: 328 puntos.
3. Adelán: 263 puntos.
4. Bacoi: 221 puntos.
5. Reirado: 217 puntos.
6. Mor: 206 puntos.
7. O Castro: 202 puntos.
8. Terras Altas: 177 puntos.
A vindeira cita é o sábado, día 15, no Salón de Actos da Casa da Cultura, para a proba de Actuacións Artísticas, na que contarán coa presenza da TVG.