Os resultados da última xornada da Liga de fútbol sala de Veteranos de Viveiro non modificou moito a clasificación. Gato Pardo continúa líder con 48 puntos sen perder ningún partido. Por detrás ségueno Joyeros, O Mesón e O Recuncho con 40, 39 e 37 puntos, respectivamente. Así mesmo, Temple, Os Arcos e Lodeiro pechan a táboa con 7, 6 e 1 punto.
Os resultados desta semana foron:
Soho 4 – 4 O Recuncho
Temple 1 – 2 Cofipesca
Os Arcos 3 – 8 Gato Pardo
Lodeiro 3 – 8 O Mesón
Joyeros 8 – 2 Forum
A Curva 1 – 1 A Fonte
Punto Galego 2 – 3 Flanagas
E a vindeira xornada disputaranse os seguintes encontros:
Forum – A Curva: luns 24 ás 20.30 horas.
O Mesón – Soho: luns 24 ás 21.15 horas.
Cofipesca – Joyeros: luns 24 ás 22.00 horas.
A Fonte – Lodeiro: xoves 27 ás 20.30 horas.
Flanagans – Os Arcos: xoves 27 ás 21.15 horas.
O Recuncho – Punto Galego: xoves 27 ás 22.00 horas
Gato Pardo – Temple: xoves 27 ás 22.45 horas.