Burela, 13 de febreiro de 2014. O alcalde, José Mª González Barcia, e a delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, visitaron este xoves as vivendas que están a ser rehabilitadas polo obradoiro de emprego Sendas de Burela, Cervo e Xove co obxectivo de destinar unha delas a casos de emerxencia social e a outra para locais de asociacións.
O rexedor contou que “a delegada da Xunta, Raquel Arias, visitou hoxe as obras que estamos a realizar nas vivendas dos mestres do CEIP Virxe do Carme. Estámolas a preparar a través do obradoiro conxunto Sendas de Burela, Cervo e Xove. Unha delas será destinada a vivenda de emerxencia social e será usada naqueles casos onde sexa preciso, tendo en conta os informes que poidan emitir os servizos sociais do Concello de Burela e os da Xunta de Galicia. A outra vivenda se está a acondicionar coma local para asociacións de calquera ámbito existentes aquí no Concello”.
González Barcia lembrou que “como é sabido temos o que era a antiga praza de abastos acondicionada para locais de asociacións, pero aqueles locais son poucos porque hai moitos colectivos en Burela que carecen de instalacións propias para poder reunirse ou gardar os seus materiais. É un paso importante para poder facilitarlles aos colectivos de Burela o seu traballo. Paso que ademais hai que vincular coa recuperación das axudas económicas que se están a facer para conceder subvencións aos colectivos culturais, aos colectivos de calquera ámbito existentes en Burela”.
O alcalde burelés indicou que “o investimento total que se fai neste obradoiro Sendas de Burela, Cervo e Xove é de aproximadamente 200.000 euros. Destacar a importancia social da actuación que estamos a levar a cabo no noso concello. Non é fácil que un Concello poida contar cunha vivenda para emerxencia social, non é fácil nin tampouco hai moitos Concellos que conten con locais para asociacións e colectivos de calquera ámbito. Tamén hai que recoñecer o ámbito de implicación dos tres Concellos non só pola proximidade xeográfica, porque somos veciños, senón porque entendemos que as canles e o ámbito de traballo municipal require a colaboración entre Concellos e iso se demostra andando”.
José Mª González Barcia sinalou que “este obradoiro é o primeiro que solicitamos de forma conxunta os tres concellos e que se está levando á práctica, pero tamén os tres Concellos solicitamos unha subvención ao INEGA, á Xunta de Galicia, para a renovación de lámpadas, de luminarias no alumeado público, que deu o seu resultado cun aforro importante para o noso Concello e nos permite entrar na dinámica de traballar en conxunto. Tamén é certo que en Cervo e Burela xa temos experiencia en traballo conxunto, porque non hai que esquecer que no Consorcio de Abastecemento de Auga aos dous concellos estamos tanto Cervo como Burela xunto coa Xunta e xa temos un certo hábito do traballo neste sentido”.
O rexedor de Burela aposta “seguir neste ámbito de colaboración que nos parece importante e a nosa intención é que nos vindeiros anos o Concello de Burela siga recuperando na medida das súas posibilidades esas vivendas do CEIP Virxe do Carme, que agora están sen utilizar e o ámbito de actuación será o que estamos levando agora a cabo tanto no que se refire á consecución de financiamento por parte da Xunta de Galicia como á finalidade á que se destinen esas vivendas cando chegado o momento se poidan recuperar”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



