O informe do estado de saúde dos ríos galegos establece unha fotografía do estado ecolóxico dos nosos ríos a partires das análises realizadas nas campañas de primavera e outono polo voluntariado do Proxecto Ríos.
Este documento presenta os resultados das inspeccións, a metodoloxía empregada e as actividades máis importantes desenvolvidas durante o ano 2013.
Os resultados amosan que existe unha tendencia cara un estado bo dos nosos ríos. A porcentaxe de treitos con calidade deficiente mantense como en 2012, e corresponden aos ríos Aríns, Chanca, Mero e Limia en primavera e o Lagar, Esteiro e Limia en outono.
Ningún treito estudado en 2013 amosou unha calidade biolóxica mala. Porén, compre sinalar que en anos anteriores os ríos Lagares, Sar e Louro eran os que presentaban un estado de saúde malo e que en 2013 non se realizaron as inspeccións correspondentes.
A calidade do bosque de ribeira é outro parámetro que serve para establecer a saúde dos cursos fluviais. A degradación que sofren as marxes dos ríos do país continúa como en anos anteriores. Máis da metade dos treitos estudados presentaban as súas marxes con alteracións importantes e moi degradadas, correspondendo aos ríos Corgo, Zamáns, Lagar ou Limia entre outros.
Voluntariado e participación
Dende 2004, ano de inicio do Proxecto Ríos, o número de participantes aumentou considerabelmente. Na actualidade contamos con 271 grupos de voluntarios/as por todo o país. Deles, enviaron as inspeccións de río o 52%, porcentaxe moi parecida á de 2012 (55%). En canto á participación por provincias, A Coruña (40%) é a que máis grupos rexistra seguida de Pontevedra (38%). Lugo é Ourense teñen unha participación máis discreta co 13% e 9% respeitivamente.
A bacía máis estudada é a das Rías Baixas, que acada unha porcentaxe do 49% das inspeccións realizadas. A porcentaxe restante repártese entre as do Miño (20%), Arco Ártabro e Fisterrá (20%), as do Limia-Douro (4%) e as bacías que verten ao Cantábrico (7%).
Calidade biolóxica dos ríos: Lixeira melloría
Cos datos colleitados polo voluntariado, podemos afirmar que o estado de saúde dos treitos analizados en 2013 foi nun 52 % moi bo na campaña de primavera e nun 33% en estado bo; en outono o 39% estiveron en estado bo, e estado moi bo outro 40%.
Observáronse treitos con saúde moderada (9% en primavera; 19% en outono) e deficiente (6% en primavera; 5% en outono). Pódese concluir que a calidade da auga nos ríos estudados polo voluntariado en 2013 mellora lixeiramente con respecto a 2011 e 2012.
Calidade do bosque de ribeira: Prosegue a degradación
En canto á calidade do bosque de ribeira, nos últimos anos establecíase unha tendencia cara a degradación das marxes dos nosos ríos, que en 2013 continúa.
Así, as marxes moi degradadas en primavera supoñen un 15% do total e en outono un 25%. Concluímos que non existíu variación, en canto a número, dos treitos coas marxes ben corservadas.
Nos treitos con alteracións importantes houbo un ascenso a costa das marxes moi degradadas, que descenderon.
A perda e o empobrecemento da vexetación de ribeira é un feito que se ven constatando ano tras ano. Se ben mellorou a calidade da auga, no bosque de ribeira segue a amosar un deterioro constante.
Calidade do hábitat fluvial: As accións de recuperación son necesarias
En canto á calidade do hábitat, os datos aportados polo voluntariado revelaron que, nos treitos estudados, o hábitat estaba ben constituído nun 56%, con alteracións nun 38% e empobrecido nun 6% na campaña de primavera. En outono, as porcentaxes se distribúen do seguinte xeito: ben constituído, 50%; con alteracións, 48%; empobrecido, 2%.
Os valores da calidade do hábitat en 2013 son moi parecidos aos obtidos en 2012. Aínda que os resultados amosan que a maioría dos treitos teñen o hábitat ben constituído, a presenza de hábitats con alteracións e empobrecidos infórmanos de que moitos dos ríos estudados atópanse nunha situación incerta en canto á súa evolución, xa que para revertir a situación de degradación sería preciso desenvolver accións concretas de recuperación.
Os ríos que discorren por por vilas e cidades, como o Limia, Mero, Aríns e Esteiro son os que amosan estados de saúde máis delicados pola forte presión humana á que están sometidos. Aqueles treitos próximos á desembocadura, onde a corrente de auga perde velocidade, adoitan acumular máis contaminantes.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



