CADERNOS DA VIAXE. De cativos algún tiñan medo á escuridade e de maiores todos temos medo á luz. Ou, para sermos máis exactos, á factura da enerxía, que constitúe un grave abuso canto á súa contía e transparencia. Non por acaso o Estado español é o terceiro da UE onde a enerxía é máis cara, tendo medrado dende 2004 nun 70% por mor da política de absoluta parcialidade a prol das grandes distribuidoras dos ministros de Zapatero- Sebastián- e de Rajoy-Soria-. Grandes distribuidoras onde atopan retribución abonda en cómodos postos de conselleiros ou asesores antigos dirixentes socialistas e populares como Felipe González, Elena Salgado, José Mª Aznar, Angel Acebes ou Nemesio Fernández-Cuesta, a xeito de retribución polos servizos prestados. O actual ministro de Economía, Luis de Guindos, foi conselleiro de Endesa entre 2010 e 2011, percebindo nese tempo un pagamento de 368.000 €.
Os gobernantes socialistas e populares optaron, xa que logo, por se pregar ao oligopolio colusivo das tres distribuidoras-comercializadoras dominantes (Gas Natural-Fenosa, Iberdrola e Endesa) e por abandonar á súa sorte aos cidadáns e empresas deste País. Os primeiros, nun grande número, ficaron condenados á pobreza enerxética. As segundas, nomeadamente as empresas industriais, aturan uns custos desproporcionados que mancan a súa competitivade, cando non determinan a súa inviabilidade.
A reforma eléctrica do PP afonda, tamén, na absurda penalización dun autoconsumo que habería estar ben tratado, por acadar os custos de transporte e distriubución o 15% dos totais de posta na rede da enerxía producida. A maior abastanza, as novas reformas agravian aos países produtores de enerxía, como Galicia, que aturan os custos ecolóxicos da produción hidroeléctrica, térmica ou eólica recebindo en troques unha sobrepenalización, mentres a súa potencialidade eólica é destruída a mantenta. O réxime tarifario discrimina abafantemente a Galicia e beneficia aos territorios como Madrid, que consumen sen producir.
Velaí o sentido da recentemente creada ACOUGA, entidade apartidista de defensa dos consumidores galegos. Centrada nomeadamente nos sectores enerxético, asegurador, bancario e de telecomunicacións, que é onde se producen os abusos máis graves.
Xoán Antón Pérez-Lema


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



