Lugo, 7 de febreiro de 2014. O delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, o nacionalista Mario Outeiro, na rolda de prensa tras a Xunta de Goberno da institución, anunciou a aprobación un ano máis do programa “Musiqueando pola provincia de Lugo” volve para promocionar a música popular e a súa creación desde as corais, as bandas e os grupos tradicionais.
Mario Outeiro defendeu que “acendo un importante esforzo orzamentario mantemos a partida destinada a este programa de 85.000 €, a mesma cantidade que no ano 2013. Queremos a través de “Musiqueando” achegar a música popular a todos os recunchos de Lugo, potenciando a música tradicional traballada por numerosos grupos nas distintas comarcas lucenses e incrementando as posibilidades de que teña un oco nas festas patronais dos nosos Concellos”.
“Musiqueando pola provincia de Lugo” é un programa que goza dunha estupenda acollida tanto desde os Concellos da nosa provincia como desde o tecido asociativo, ao igual que por parte dos grupos tradicionais, bandas e corais que cada ano se suman a participar do mesmo.
Mario Outeiro “na convocatoria de 2013, corais, bandas e grupos tradicionais ofreceron un total de 167 actuacións por toda a provincia (7 máis que na edición de 2012), concretamente 88 nos concellos do centro da provincia, 50 nos concellos do sur e 29 nos da Mariña, sendo as máis demandadas polos Concellos, comisións de festas e asociacións as dos grupos tradicionais, que ofreceron un total de 112 actuacións”.
Outeiro afirmou que “con programas coma “Musiqueando” desde a Área de Cultura da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo apostamos decididamente pola nosa cultura, nun momento no que esta está a verse fortemente atacada e afectada polos recortes dos gobernos do PP. Unha cultura popular e de base que está no cerne da existencia de Galiza e coa que todas e todos debemos implicarnos e comprometernos para seguir a manter as nosas tradicións”.
“Os cachés das actuacións de “Musiqueando pola provincia de Lugo 2014” serán de 1000€ para as bandas, 500 € para as corais e grupos de música tradicional; un custe que será, coma en anos anteriores, cofinanciado nun 80% pola Área de Cultura e Turismo en un 20% polas comisións de festas, asociacións ou Concellos que soliciten actuacións. Nos vindeiros días sairán publicadas no BOP as bases, momento a partires do cal os grupos que queiran formar parte do “Musiqueando 2014” deberán inscrivirse no prazo de 30 días naturais contados a partires da publicación. Do mesmo xeito, desde a data de publicación e ata o 30 de abril de 2014 as entidades que así o desexen poderán formalizar a súa solicitude” – informou Mario Outeiro.
Proceso accións Breogán
Diante das informacións aparecidas nalgún medio de comunicación, en referencia ao proceso de alleamento de accións da SAD Breogán que son propiedade da Deputación, Mario Outeiro indicou que “temos que sinalar que o proceso está transcorrendo con normalidade, e atópase na situación de que as entidades e persoas que optaron a accións acheguen a documentación precisa para proceder despois ao seu pagamento. Unha vez confirmada a venda das accións esta Xunta de Goberno a fórmula para a seguinte fase, que é a adxudicación directa das accións restantes”.
“Nesta liña, temos que destacar que é un exemplo de cumprimento de todas as nosas promesas en referencia ao Breogán: o club non se deslocaliza e os socios e socias e accionistas tiveron preferencia como anunciaramos. O proceso continúa sen présa pero sen pausa e del imos informando cumpridamente a cada paso que se produce” – rematou Outeiro.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



