O venres día 21 de febreiro e a partir das 15.30 horas, a Asociación Cultural “O Caiado” celebrará un importante acto no Asilo de Foz.
Para tal evento, cóntase coa colaboración do voluntariado de Alcoa, que axudarán ós residentes a elaborar un xardín personalizado, no que cada un dos avós terá a súa propia xardineira con diversas flores e plantas, e serán asesorados polo biólogo botánico local, Xesús Blanco, presidente da Asociación Micolóxica “Os Bolouros”.
Neste acto aberto a todo o público, tamén se fará unha proxección en pantalla xigante de diversas fotos antigas de Foz.
Así mesmo cóntase coas actuacións da Agrupación Folclórica “O Feitizo” de Foz e o Mago Paredes de Vilalba.
Estes actos celebraranse nunha carpa habilitada polo Concello de Foz, que se instalará no patio posterior da mesma Residencia.
E o sábado 22, ás 17.00 horas, e tamén no Asilo de Foz, e organizada pola Asociación “O CAIADO”, espectacular actuación do grupo de habaneras “MAR ABERTO”. Esta actuación que coincide co sábado anterior ó desfile de entroido de Foz, o grupo Mar Aberto presentaranse disfrazados ante o público como preludio desta tradicional festa.
“Cóntase tamén que os avós residentes que o desexen, serán tamén disfrazados”, segundo informou a directora da Residencia Natalia Zabaleta á Asociación “O CAIADO”. “O público que desexe asistir disfrazado, poderán facelo e que saiban que non serán os únicos”, engadiu.