A Mariña, 24 de febreiro de 2014. O Bloque Nacionalista Galego na Mariña fai un chamamento á cidadanía da comarca para secundar a convocatoria de mobilización feita pola Alianza Social Galega para o vindeiro xoves 27 ás 19:30 na Praza do Concello de Burela.
Para a formación nacionalista “é máis necesaria ca nunca unha resposta social contundente na que se deixe claro que a sociedade está por outra saída á crise , xa que é posible adoptar outro tipo de políticas coas que favorecer ás maiorías sociais, fronte ás que se están a adoptar desde os gobernos da Xunta e do Estado que o que fan é atacalas.”
“As medidas que toman cada día os gobernos de Feijoo e Rajoy van en contra das persoas. Recortan dereitos e liberdades da xente, mentres favorecen á banca e ao grande capital. Por iso, somos as persoas que nos estamos vendo afectadas por todas estas medidas as que temos que respostar con contundencia na rúa para deixar claro que esta non é a saída para a situación actual, senón que o que se fai é empobrecer á maioría da sociedade mentres se enriquecen uns poucos.”
As elevadas cifras de desemprego no noso País, os continuos recortes en sanidade, educación e servizos sociais, o retroceso nos dereitos das mulleres ou a perda de poder adquisitivo das persoas pensionistas son algunhas das razóns polas que a Alianza Social Galega chama á mobilización simultánea en varias vilas e cidades o xoves 27.
Para o BNG da Mariña “estas razóns teñen aínda maior relevancia na nosa comarca, onde estamos a sufrir un auténtico drama en materia de desemprego sen que a Xunta de Galiza poña ningunha solución, máis que propaganda que non dá resultado algún. Vivimos nunha comarca na que vemos como as negociacións do goberno de Estado e da Xunta impiden ao noso sector pesqueiro facer o seu traballo e onde non se dá solución ningunha para o continuo peche de empresas emblemáticas da zona. E asistimos día a día á degradación do noso hospital, onde o único que chega do goberno Feijoo son recortes que incluso deixan desabastecido de medicamentos o centro hospitalario e promesas incumpridas, como a do hospital oncolóxico de día ou a tan repetida ampliación. Unha comarca, A Mariña, na que a incidencia da perda do poder adquisitivo das persoas pensionistas ten grande incidencia, xa que son, en moitos casos, os únicos ingresos dunhas familias nas que a mocidade segue a marchar fóra para buscar a vida. Persoas pensionistas ás que os gobernos do PP obrigan a pagar parte dos medicamentos e tratamentos, que foron as grandes roubadas na estafa das preferentes e que, moitas delas, están sendo perseguidas como defraudadoras polos gobernos que non cumpriron coa súa obriga de informar sobre a tributación das pensións no estranxeiro.”
Por todo isto, porque o BNG aposta por outra saída á crise, por unha saída na que non se xere empobrecemento da maioría para o enriquecemento dunha minoría, chama ás mariñás e mariñaos a acudir á convocatoria da Alianza Social Galega o vindeiro xoves 27, ás 19:30h, na Praza do Concello de Burela.


















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



