O BNG celebrou este sábado, no Hotel Nordés de Burela, un acto e posterior cea de amizade en recoñecemento a Neves Cando polo seu traballo como concelleira e portavoz do Grupo Municipal do BNG en Burela durante os últimos anos. Ao acto asistiron numerosos compañeiros e compañeiras de Burela e doutras vilas da Mariña, entre os que estaban varios concelleiros e concelleiras do BNG. Á cita tamén acudiron Mario Pillado, actual concelleiro do BNG en Burela, a responsábel comarcal do BNG, Ana Ermida e o Vicepresidente Primeiro da Deputaicón, Antonio Veiga.
Cando deu as grazas á organización pola celebración deste acto e puxo en valor o traballo desenvolvido durante estes últimos anos por moitos dos compañeiros e compañeiras presentes e por outros que por distintos motivos non puideron asistir. Tamén tivo unhas palabras para o actual portavoz municipal, Mario Pillado, de quen dixo que reunía “as condicións idóneas para ser a voz do BNG en Burela, pois ademáis da súa valía e formación académica, conta cunha forte implicación social e coñece de primeira man as necesidades dos veciños e veciñas.”
Mario Pillado mostrouse moi ilusionado por “dar continuidade a un traballo político en defensa das maiorías” e critiou as políticas regresivas do PP, que supoñen “un encarecemento continuado dos servizos básicos”.
Pola súa banda, Mario Pillado eloxiou o traballo desenvolvido por Neves e outros compañeiros e compañeiras antes que el e mostrouse moi ilusionado por “dar continuidade a un traballo político en favor das maiorías sociais, na defensa dos nosos sectoresprodutivos e do emprego”,así como por afondar na “democratización, a autonomía das entidades locais e por dar voz aos veciños e veciñas a través dunha maior participación cidadá na vida política”. Pillado foi moi crítico coas política antisocias que se están a aplicar desde a Xunta da Galiza e desde o Goberno central, co visto e prace do Goberno Municipal do PP. En palabras de Pillado, “as medidas regresivas do PP están a supór un encarecemento continuado dos servizos básicos que presta o Concello, non só de forma directa a través do incremento das taxas e prezos públicos, mais tamén pola falta de financiamento das institucións competentes.” “O Goberno do PP en Burela non só aproba as medidas do Goberno do Estado e da Xunta, senón que aplaude as políticas austericidas, como puidemos constatar nos últimos plenos celebrados, coa aprobación urxente da suba do canon de Sogama ou rexeitando distintas mocións en defensa dos emigrantes retornados, dos doentes crónicos afectados polo repagamento de medicamentos ou das persoas autónomas.”
Mario Pillado defendeu o municipalismo que practica o BNG e a movilización social como medio para combater as políticas neoliberais do PP e citou como exemplos o Concello de Riotorto por liderar a loita contra o repagamento sanitario ou o Concello de Rianxo, que saíu de Sogama tras a suba do canon do lixo. “Ambos concellos, gobernados polo BNG, son exemplo claro de que outra política é posíbel”, afirmou Pillado.
O portavoz do BNG tamén se refiriu á situaicón que atravesa o sector pesqueiro en Burela, debido ás políticas impostas pola UE e secundadas polo goberno do Estado e da Xunta da Galiza.
O actual portavoz do BNG, tamén se refiriu á situación que atravesa o sector pesqueiro en Burela como motor económico da nosa vilae de grande parte da Mariña. Este sector productivo vese ameazado constantemente polas políticas pesqueiras impostas pola Unión Europea, e secundadas case sempre polos diferentes gobernos do estado español que non teñen a Galiza nin á Mariña entre as súas prioridades.
Para o BNG de Burela, “a defensa do sector pesqueiro en todos os ámbitos e institucións foi e é unha prioridade, e nesa liña seguiremos traballando, levando as demandas das xentes do mar a todas as instancias para que se poda seguir xerando riqueza a través deste sector que aínda a pesar de ser golpeado día sí e día tamén, segue a ser a principal fonte de creación de emprego da vila e da comarca”.
O portavoz municipal do BNG, Mario Pillado, manifestou que “non podemos permitir que os nosos mariñeiros teñan que estar pendentes todos os anos dos perxudiciais acordos que para a nosa flota adoptan desde a Unión Europea limitando a nosa capacidade de traballo a base de impoñernos inxustas cotas, ben sexan para a xarda, a pescada ou outras especies”. “O BNG non vai permitir que mesmo Burela haxa cómplices das políticas que atentan contra o noso medio de vida, como é o caso do goberno municipal do PP na nosa vila”, afirmou o edil nacionalista.
Neste sentido, o portavoz do BNG considera necesario e imprescindible que os intereses da pesca galega sexan defendidos por representantes políticos que actúen en clave galega, como actúan os representantes do BNG, en alusión ao traballo desenvolto pola deputada nacionalista Ana Miranda no Parlamento Europeo.
No transcurso do emotivo acto no que por parte do BNG e de moitos veciños e veciñas de Burela se recoñecía o traballo realizado pola ex-concelleira Neves Cando, Mario Pillado tamén se referíu ás vías de comunicación que conectan a Burela co resto da comarca e coa autovía A-8, e recordou o eterno esquecemento dos gobernos do Estado (antes o PSOE e agora o PP) para coa autovía Barreiros-San Cibrao. E no mesmo sentido Pillado fixo fincapé na vergoñenta paralización do corredor Ferrol-San Cibrao por parte do goberno do Partido Popular, e rematou decindo que “desgrazadamente, para sacar de Burela a riqueza do noso porto seguimos tendo a mesma estrada que había cando eu nacín”.



















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



