A Mariña, 4 de febreiro de 2014. O BNG apoiou este luns a concentración convocada aproveitando a inauguración dos tramos pendentes de execución entre Mondoñedo e Abadín da A8, para reclamar a execución das obras comprometidas na estrada de competencia autonómica LU124, que ademais de vertebrar os concellos da Pontenova, Riotorto, A Pastoriza e Mondoñedo, serve de acceso á referida autovía. Os nacionalistas “non cren as novas promesas do Conselleiro de Infraestruturas, Agustín Hernández, xa que tivo tempo sobrado de cumprilas e lembran que o conselleiro é famoso na Mariña por presentar cronogramas para execución de obras que despois nunca se cumpren como sucede co corredor San Cibrao-Ferrol, onde xa medran os eucaliptos.”
UN CONSELLEIRO POUCO DE FIAR AFECCIONADO A PRESENTAR CRONOGRAMAS DE OBRAS QUE DESPOIS NON CUMPRE
O Conselleiro de Infraestruturas “non é de fiar e así o demostran os seus compromisos incumpridos coa estrada LU124 na que leva prometendo obras dende o ano 2009, ou coa Vía de Altas Prestacións entre San Cibrao e Ferrol onde xa agroman os eucaliptos despois de que prometera rematala en 2017”. “Agustín Hernández xa é coñecido na Mariña por presentar cronogamas de actuacións en infraestruturas viarias cada vez que se producen mobilizacións reclamando a execución de obras comprometidas polo propio conselleiro.”
ESTE XOVES O PARTIDO POPULAR TERÁ OCASIÓN DE RETRATARSE SOBRE O SEU COMPROMISO CON ESTAS OBRAS
O Partido Popular terá a ocasión de retratarse o próximo xoves na comisión segunda do parlamento galego onde se debaterá unha iniciativa do BNG que reclama a inmediata execución das obras proxectadas para a LU124. O e a parlamentaria nacionalista, Cosme Pombo e Ana Pontón demandan “a habilitación das partidas orzamentarias necesarias e a execución de obras nun prazo máximo de seis meses.”. Dende o BNG lembran que presentaron emendas aos orzamentos para dotar economicamente a execución das obras na LU124 dende o ano 2010 ate o actual que sempre contaron coa negativa dos parlamentarios do Partido Popular.
O BNG sen deixar de valorar a importancia da apertura dos tramos pendentes da A8, “despois de anos de retraso con gobernos no Estado do PP e PSOE”, salientou que o occidente da comarca mariñá segue sen vertebrar con vías de comunicación do século XXI, “leva mais tempo recorrer os 77 Kms. de O Vicedo a Ribadeo que ir de Ribadeo a Baamonde, 25 kms. mais distante”. Por outra banda denunciaron que na mañá de hoxe aínda non estaba operativo o novo tramo inaugurado onte e acusou aos gobernos do Estado e da Xunta de montar grandes actos de propaganda arredor dun vial aínda inaccesíbel aos seus usurarios.
PARA OS MILITANTES DE BASE DO PP PORTAS ABERTAS E TRABAS AOS REPRESENTANTES INSTITUCIONAIS DOS CONCELLOS QUE DEMANDABAN AS OBRAS NA LU124
Os nacionalistas criticaron o excesivo despregue policial na inauguración da A8 do día de onte, onde se contaron preto de 30 vehículos policiais para unha concentración pacífica armada unicamente con dúas pancartas, “o PP gasta moito en excesos policiais e pouco en accesos viarios”. Nesta liña puxeron en cuestión as trabas e sucesivas consultas para permitir o paso aos alcaldes e respectivas corporacións dos concellos de Mondoñedo, Riotorto ou A Pastoriza que finalmente accederon sorprendéndose da presenza de militantes de base do Partido Popular que nin sequera foran invitados oficialmente. O BNG criticou as diferenzas de trato, a non ser que a simple militancia no partido ou a compañía de cargos institucionais do PP fora o pase necesario para acceder ao acto.



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



