A Mariña, 13 de febreiro de 2014. O BNG mariñao denunciou o desmantelamento do servizo de transporte adaptado creado polo propio goberno nacionalista na etapa do bipartito coñecido popularmente como o 065, que ven prestando servizos de transporte a persoas con dificultades de mobilidade para achegalas a centros de día, así como a colectivos de persoas con capacidades diferentes que viñan facendo uso do servizo ate a actualidade.
Os nacionalistas calculan que na comarca, preto de duascentas persoas fan uso diariamente do servizo que prestan seis liñas de autobuses e microbuses adaptados que se verán reducidos a dous, impedindo por tanto atender a un número moi importante de persoas. O BNG acusou á Xunta de ser insensíbel coas persoas con mais necesidades e menos recursos, ás que castiga eliminando un servizo creado polo propio BNG na etapa do goberno bipartito na Xunta.
Dende o BNG explicaron que as seis liñas de buses que ate o momento traballan na comarca e que a Xunta pretende reducir a dúas, atenden a persoas dos concellos de Muras, Ourol, O Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Foz, Alfoz, O Valadouro, Mondoñedo, Abadín, Trabada e Ribadeo polo que evidentemente será materialmente imposíbel atender a demanda existente na actualidade. Será materialmente imposíbel atender os servizos individuais de transporte regular de persoas maiores a centros de día e tampouco a colectivos con capacidades diferentes, transportados a centros de atención ou formación, que terán que buscar alternativas ou directamente prescindir das atencións sociais que ate agora disfrutaban.
Os nacionalistas ademais chamaron a atención sobre a perda de oito ou nove postos de traballo directos correspondentes a condutores e condutoras dos vehículos que prestan o servizo, aos que xa lles comunicaron – xa hai algún despedimento – que a partir do mes de marzo prescindirían dos seus servizos.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



