O
Burela FS Pescados Rubén superou o escollo do Umacón Zaragoza nunha tarde de moitos goles. Os laranxas, que chegaron ó descanso con desventaxa (1-2), conseguiron dar a volta ó marcador con hat-trick de Burrito, dobrete de Antoñito e Mata, despois do tanto inaugural de Iago Míguez.
Cando Vista Alegre aínda cantaba pola volta da liga de Primera LNFS, o Umacón Zaragoza lanzou o seu serio aviso en forma de gol, con Catela (minuto 2). Os laranxas comezaron a mover banquiño e Iago Míguez saíu á pista como revulsivo no minuto 4 para anotar o empate. O encontro volvía a estar equilibrado, pero os mariñáns non se encontraban cómodos en ataque e víanse obrigados a rápidos replegues para evitar o perigo visitante. Iago Míguez (minuto 14) e Matamoros (minuto 18) tiveron nos seus pes as mellores ocasiones laranxas. Quen non dubidou foi Richi Felipe, asistido por Retamar, que subiu o 1-2 (minuto 18) co que se agotou o tempo da primeira parte.
A reflexión do descanso impuxo para os de Juanlu un cambio de dinámica e sinergias. No segundo período, a aposta ofensiva dos laranxas enseguida encontrou a súa merecida recompensa; Antoñito subiu o empate xa no minuto 22. Segundos despois Isi tiña nos seus zapatos o fallido 3-2, que pegou en Abel. Os maños tamén o intentaron na pegada de Retamar, que buscou sorprender a Edu de potente disparo cruzado. Os burelistas, incrementando cada vez máis o seu perigo sobre a meta maña; conseguiron adiantarse con Burrito en galopada, no minuto 28, e ampliar distancias inmediatamente nunha xogada a balón parado que iniciou Mimi e finalizou Antoñito. Superado o ecuador da segunda parte, Matamoros quixo sorprender dende lonxe sen resultados. Trala expulsión de Catela, por dobre amarela, o pichichi laranxa sí que encontrou o seu tan ansiado gol, no minuto 34, anotando o 5-2 case dende o chan.
Sen marxe para máis erros, o Umacón recuperou terreo con Retamar enfundado de porteiro-xogador; Víctor Tejel superou a Edu no minuto 35. Sen embargo, o xogo de cinco dos visitantes tamén resultou moi gratificante para os burelistas, que volveron a incrementar a súa vantaxe con dobrete de Burrito a porta baleira, no 36. Non baixo os brazos Zaragoza e volveu a acortar distancias, co 7-4 de Richi Felipe a tres minutos para o final. Despois de dúas grandes oportunidades laranxas, de Juanma a balón parado, e de Burrito, Victor Tejel anotou o definitivo 7-5.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Burrito, Isi e Matamoros, cinco inicial; tamén xogaron Antoñito, Christian, Iago Míguez, Juanma, Carlitos.
Umacón Zaragoza FS: Abel, Catela, Víctor Tejel, Edu Duato e Retamar, cinco inicial; tamén xogaron Carlos García, Keny, Luchi, Richi Felipe.
Goles: 0-1, minuto 2, Catela; 1-1, minuto 4, Iago Míguez; 1-2, minuto 18, Richi Felipe; 2-2, minuto 22, Antoñito; 3-2, minuto 28, Burrito; 4-2, minuto 28, Antoñito; 5-2, minuto 34, Matamoros; 5-3, minuto 35, Víctor Tejel; 6-3, minuto 36, Burrito; 7-3, minuto 36, Burrito; 7-4, minuto 37, Richi Felipe; 7-5, minuto 40, Víctor Tejel
Árbitros: Contreras Tejedor // Pérez Álvarez (Castela e León)
Tarxetas: Por Umacón amarelas a Retamar (minuto 2), Keny (minuto 5), Edu Duato (minuto 32); expulsión por dobre amarela a Catela (32 e 33). Por Burela FS amarela a Iago Míguez (minuto 17).
Incidencias: Partido correspondente á vixésimo primeira xornada de Primeira División LNFS (Vista Alegre). Arredor de 1.000 espectadores nas gradas.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
