Burela, 11 de febreiro de 2014. O consumo de auga de uso doméstico por habitante e día descendeu o ano pasado nun 3% con respecto a 2012, segundo deu a coñecer a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo. A taxa de consumo en 2013 sitúase en 125 litros por habitante e día.
A edil popular subliña que “o valor acadado o ano pasado está por debaixo do valor galego correspondente ao ano 2011 e próximo ao valor medio galego do ano 2001” e lembra que “a media galega de consumo supera os 130 litros por habitante e día desde o 2002”.
Patricia López tamén comenta que “con respecto ao último dato dispoñible a nivel nacional (ano 2011), a diferenza entre o consumo municipal e a media estatal ascende a 17 litros, o que supón un consumo municipal inferior nun 14% sobre dita media nacional”. A concelleira de Medio Ambiente engade que “a nivel estatal no ano 2011 o valor da taxa de consumo de auga acada a menor taxa desde o 2000”.
López Eijo indica que “a redución no consumo de auga en 2013 en Burela, 4 litros inferior a 2012, supón que os veciños e as veciñas de Burela reduciron o consumo de auga de uso doméstico en 14.121 metros cúbicos. Esta cifra equivale ao consumo realizado nos fogares do noso concello durante doce días do 2013. O ano pasado Burela acadou un consumo medio similar aos máis baixos de España e sitúase en niveis coma País Vasco con 117 litros por habitante e día, A Rioxa con 123 litros e Illas Baleares con 124”.
A concelleira de Medio Ambiente sinala que “desde o noso departamento seguiremos a traballar para concienciar á poboación da importancia que ten facer un consumo responsable dun ben tan prezado como é auga. Estamos satisfeitos con estes datos, pero pensamos que aínda os podemos mellorar coas campañas que levaremos adiante ao longo dos vindeiros meses”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



