Un dos lugares máis enigmáticos da xeografía vilega, foi, en tempos, O Curbeiro. Ubicado ó final da explanada do porto, antes da construcción déste e do recheo da ría , era unha paraxe afastada e inhóspita,a onde os rapaces de vez en cando acudíamos para “facer a escola”. Profundo acantilado sobre a marisma, cuberto de abondosa e tupida vexetación, aniñaban, nel aves de rapiña, córvidos e outras especies sinistras, según as léndas e crenzas populares.En días de treboada zoaba o vento nos altos eucaliptos, que se bandeaban ostentosamente emitindo uns laídos lúgubres que daban maior sensación fantasmal ó contorno,.facendo que,alá polo inverno de 1952, a poboación vivise xornadas de inquedanza e desacougo, ante o feito misterioso para o que non se atopaba explicación…Entre lusco e fusco, daquel lugar recóndito saían uns laios, profundos e intermitentes, audibles a distancia, que ninguén identificaba. A inquedanza polo feito insólito foi tal que á noitiña formábanse auténticas marchas hacia o lugar, barruntándose as mais fantásticas teorías; e así o vello Chao, un histórico do mar de Foz, aseguraba que se trataba dunha culebra tan grande como a “Sevilla”, a súa lancha, e as voces mais finas e agudas que se escoitaban eran as das crías. Outras opinións circulaban polo lugar, e aínda houbo quen quixo interpretalo como aviso do alén. Según él tratábase das almas de don Eliseo Martínez e da muller, dona Pilar (a parella de grandes benfeitores do pobo) que, purgando as penas na antesala do paradíso, pedían que se aplicaran misas pola súa alma para gañar de contado o descanso eterno. O argumento víase reforzado pola divulgación do mesmo dende a emisora de radio construída por Leopoldo Carro, “do retratista”, que era todo un alarde de imaxinación e de sentido do humor. Nestas se estaba cando tres mozos: Milito, José Ramón de Cheíño e Paco de Marica, ármanse de valor e, atados pola cintura, realizan a arriscada aventura de deslizarse polo cantil da costa, no punto mais alto coñecido por “A Soalta”, entre as hedras e a maleza que xenerosamente cubrían as paredes, e deste xeito descúbrense os autores da desfeita:: un niño de curuxas, inofensivas e fermosas, que os intrépidos escaladorea se repartiron como botín da súa aventura. Quedou así resolto o enigma do Curbeiro e volta a paz para o seu territorio…
Suso Fernández























As familias, o equipo docente, e o alumnado da Escola Infantil Municipal desfrutaron esta semana dunha xornada de convivencia e aprendizaxe neste parque. Ao longo do día, ademais de visitar a reserva e coñecer de preto numerosas especies animais, compartiron un agradable picnic nas instalacións do parque e tiveron acceso tanto á zona exclusiva da reserva como ao resto do recinto. A xornada rematou cunha actividade moi especial: un pequeno teatro participativo sobre a prevención dos incendios forestais, no que os nenos e nenas aprenderon a importancia de coidar os nosos montes e de evitar condutas que poidan provocar lumes, como abandonar obxectos de vidro na natureza. Un día cheo de experiencias, convivencia e aprendizaxes que reforzan o compromiso coa educación ambiental desde as primeiras idades.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
Villares gabou o traballo realizado e subliñou que “a implicación do tecido social e dos veciños e veciñas é clave para transmitir as tradicións que forman parte da nosa identidade e reforzar os vínculos da comunidade”. Na xornada principal deste xoves destacou a ofrenda floral na honra dos mariñeiros falecidos. O venres e o sábado celebraranse o Festival Folklórico Internacional e o Festival Folklórico Infantil respectivamente, organizados polo Grupo Mistura.
O Concello de Ribadeo atende así a petición realizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo, que solicitou permisividade neste sentido aos 67 Concellos da provincia de Lugo. Ademais o Concello autorizou a instalación dunha pantalla na praza de Porcillán. A petición foi realizada pola Asociación Cultural Festas do Carme.
A mostra reúne imaxes tomadas en Galicia, Cataluña, Aragón, Andalucía, Senegal e Escocia, ofrecendo un percorrido pola biodiversidade e polos vínculos entre distintos ecosistemas. O fotógrafo, naturalista especializado en ornitoloxía, invita a contemplar a natureza cunha mirada pausada e consciente a través de 50 especies de fauna. Permanecerá aberta ata o 29 de xullo.
Nesta ocasión contará, ademais de cos anfitrións A Subela, como grupo convidado ao Grupo Folclórico e Etnográfico do Cimeiro, procedente de Soure, en Portugal, que participa dentro dun intercambio cultural. A organización destaca que será unha edición especialmente significativa e anima ao público a non perdela. Terá lugar o 18 de xullo, ás 21:00 horas, na Praza Conde de Fontao, de Foz.



