CADERNOS DA VIAXE. A historiografía española desenvolveu, dende mediados do século XIX, unha liña de relato motivado en razóns políticas que minusvaloraba a importancia da historia de Galicia, considerada mero apéndice, primeiro de Asturias e León, despois de Castela.
No século III os romanos crearon a provincia de Gallaecia,que integraba o actual norte de Portugal, Asturias, Cantabria, León e parte de Castela, chegando dicir Paulo Orosio a principios do século V que “cántabros e astures son parte da provincia de Gallaecia”.A primeiros do século V os suevos pactaron cos galegoromanos para fundareno primeiro reino da historia da Europa occidental, con capital en Braga, que durou dous séculos que chantaron os alicerces da división parroquial do País e de moitos outros caracteres como pobo de noso.
Os árabes invadiron a Península no 711, mais nunca ocuparon Galicia, polo que a nosa historia descoñece os termos “reconquista” e “repoboación” que definiron a historia castelá. Os cronistas árabes non coñeceron un Reino de astures nin leoneses, senón o Reino de Galicia. Un Reino afortalado coa invención do corpo do apóstolo Santiago e onde os propios reis buscaron sedes na estrema oriental pouco poboada do Reino (Oviedo, León), na percura de coutar a influencia da Mitra compostelá e dos restantes bispos e condes galegos.
Fulcrais para Galicia foron os seus reis Afonso VII Raimúndez, Fernando II e Afonso VIII. Estes últimos dous reconciliaron Galicia co mar, recoñecendo as vilas de Viveiro, Baiona, Noia e A Coruña. Portugal independizouse de Galicia no 1128 e o Reino pasou áo rei castelán Fernando III no 1230. Malia que ésta era unha simple unión persoal, Galicia foi xogando menos na Península e perdeu nas súas escollas contra os Trastamara no século XIV e contra a raíña Isabel a fins do século XV. Velaí a dureza da represión da Católica sobre os galegos partidarios da “excelentísima dona Xoana”. Represión que marcou a fin da semiindependencia do Reino de Galicia.
Verdade que non lles contaron sempre esta historia? Pois, con máis ou menos matices, é real e compre coñecela para saber de onde vimos, malia que o ministro Wert vaia arrincala outravolta nos plans de estudo que quere comúns para toda España. Unha España que foi, é e será plurinacional ou non será.
Xoán Antón Pérez-Lema























A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



