A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto realizar o vindeiro sábado 8 de febreiro a ruta Mazo de Meredo en Piantón – Vegadeo de 12,5 quilómetros e dificultade media/baixa. Os prezos son de 25 € para os socios e de 30 para os que non o son e inclúen autobús e comida (menú degustación en Casa Jano). A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do xoves 6 ás 13.00 horas.
Pasada das Cabras prepara a ruta Mazo de Meredo
Pasada das Cabras prepara a ruta Mazo de Meredo
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga