O Burela FS Pescados Rubén B recolleu tres importantísimos puntos o sábado na visita do líder a Vista Alegre. A escuadra laranxa conseguiu impoñerse por 2-0 ao Leis Pontevedra FS, un resultado que lle permite seguir aspirando ao podio de Terceira.
A bomboneira viviu unha cita intensa e rifada, cun bo comezo do Burela FS B, que conseguiu dominar sobre a pista nos primeiros minutos e se adiantou no marcador por mediación de Manu, minuto 13. Con 1-0, o Leis cambiou de marcha e o encontro igualouse; ambos os conxuntos tiveron ocasións, aínda que sen fortuna para culminar.
Na continuación, o partido mantivo o mesmo rexistro, alternativas no dominio e ocasións que non se materializaban. No treito final, o cadro de Lucas chegou coa exigua renda de 1-0 e o Leis decidiu apostar polo xogo de cinco, no minuto 35. Defendeu ben o acoso pontevedrés o Burela Pescados Rubén B e Antón González, con calidade e intelixencia, aproveitou un roubo para sentenciar o partido establecendo o 2-0 final no último minuto.
O vindeiro sábado, os da Mariña terán outra dura proba na súa tentativa de escalada; desprazaranse á pista do Concello de Vigo IES Coruxo, segundo clasificado.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén B: Brais, Bruno, Keko, Alemán, Manu –cinco inicial- Hélder, Antón González, Pancho y Javi.
Leis Pontevedra FS: Chenlli, Pocho, Carlos, Sergio, Iván –cinco inicial- Pablo Durán, Gus, Sergio II, Dani y Barcala.
Goles: 1-0, m.13, Manu; 2-0, m.39, Antón González
Árbitros: Amor Vizoso // Pena Pereira (Ferrol)






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
