O restaurante do hotel Vila do Val, de Ferreira do Valadouro, ofrece unha promoción especial para a fin de semana de San Valentín, venres 14 e sábado 15 de febreiro, que inclúe desconto no prezo das ceas, sobremesas elaboradas para a ocasión e sorpresas románticas. As parellas que ceen no restaurante algún destes días terán un 10% de desconto podendo elixir entre varias sobremesas elaborados especialmente para a ocasión e ó final da cea terán unha sorpresa moi romántica. A directora do Vila do Val, María Hermida, explica que “lo que queremos es que las parejas celebren con nosotros el día de los enamorados, y que la velada sea inolvidable. En esta ocasión preferimos que disfruten de nuestra variada carta, que sean ellos los que decidan lo que quieren degustar, sin condicionarlos por nuestra parte a un menú cerrado”. Para participar nesta promoción é imprescindible reservar a mesa previamente no propio restaurante ou chamando ao teléfono 982 57 16 53. Ademais, o hotel restaurante Vila do Val continúa coas súas xa tradicionais xornadas do cocido, que organiza cada ano en inverno e que están tendo moita aceptación. Nesta ocasión desenvólvense os sábados e domingos ata o 2 de marzo e ofrece sopa, carne de cocido, sobremesa caseira ou café, viño, auga e pan por 19 euros cada persoa.
San Valentín no Vila do Val