A Asociación de Xubilados Terramar, que conta dende xaneiro con nova directiva e que preside Francisco Alves, viaxou esta fin de semana ata Lalín para asistir aos actos da 46ª Feira do Cocido e degustar este prato típico destas datas. Unha excursión na que participaron uns 60 socios da entidade, e que puideron ver de preto o pregón da feira, o desfile de Entroido, ou os diferentes expositores situados na praza da Igrexa de Lalín, onde se poñían á venda dende produtos derivados do porco ou os ingredientes necesarios para facer un cocido típico, ata doces de Entroido.
Despois de visitar a zona onde se concentran os actos tradicionais desta feira, de Interese Turístico Nacional, os participantes degustaron o cocido típico e visitaron o santuario da Virxe do Corpiño, dende onde partiron para regresar a Cervo.
Esta foi a primeira excursión do ano organizada por Terramar, e que o presidente valorou “moi positivamente, xa que tivo moi boa acollida, cunha elevada participación” e que “resultou moi entretida”. Alves anuncia que a entidade ten outras excursión programadas.
Entroido
Ademais, nos días de Entroido, Terramar ten varias actividades previstas. A primeira é un taller celebrado onte e no que os participantes elaboraron máscaras, que poderán utilizar no baile de máscaras previsto para este sábado. Será ás 18 horas no salón de actos da Casa do Mar. Unhas actividades coas que colabora o Concello de Cervo.
Outras actividades
Ao mesmo tempo, Terramar vén ofrecendo moitas actividades dende o comezo do ano, entre elas Xogando en Domingos, que se está desenvolvendo todos os domingos de 18 a 19 horas no local da asociación, na Casa do Mar. Hai unhas semanas tamén se ofreceu unha charla sobre medidas de seguridade dirixida especialmente ás persoas maiores.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



