Lugo, 4 de febreiro de 2014.- Logo de participar esta fin de semana na convención nacional do PP en Valladolid, o presidente de NNXX da provincia de Lugo, Daniel Vega, afirmou que a Lei de Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) é unha das leis máis importantes que puxo en marcha o Goberno Central.
Daniel Vega, quen tildou esta convención de moi productiva, informou de que os mozos lucenses, xunto ao Conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, escoitaron ao Ministro de Educación, José Ignacio Wert, e respaldaron que a LOMCE é unha das reformas máis relevantes do goberno de Rajoy, posto que aglutina tres pilares básicos: loita contra o abandono escolar, mellora de resultados e aumento de empreabilidade.
Neste senso, o presidente dos mozos populares lucenses, subliñou que o abandono escolar temperá é unha prioridade económica, social e política de primeiro orde, porque nun país que durante máis de 20 anos mantívose unha taxa tan alta de abandono, lastrouse a posibilidade de futuro dos estudantes.
Concluíu Daniel Vega destacando a importancia que se lle da na lei á Formación Profesional, que en España non tivo a consideración que se merece e moi alonxada da que teñen noutros países do noso entorno.