Xove, 16 de setembro, 2025. Onte deron comezo os traballos arqueolóxicos no castro de San Tirso de Portocelo, en Xove. O proxecto de escavación e conservación, promovido polo Concello de Xove e financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia, durará un mes aproximadamente e constitúe a segunda fase dos traballos comezados en setembro do ano 2020. Naquela ocasión foron realizadas dúas sondaxes que pretendían demostrar a hipótese da longa ocupación humana a través dos séculos do conxunto cultural que representaban as ruínas da capela de San Tirso e o castro da punta Mechiluíde en Portocelo. Os resultados obtidos naquela ocasión foron sorprendentes e moi prometedores.
Na primeira cata da prospección atopáronse cinco tumbas altomedievais. Acháronse tamén aquí restos máis antigos, que pertencerían ao poboado do castro: dúas fusaiolas, co cal se intuía certa fabricación téxtil, e o que foi a «xoia» da prospección: unha conta de colar de pasta vitria oculada, de época prerromana e que podería proceder do comercio marítimo co Mediterráneo. Mentres, na segunda cata apareceron nun estado de conservación excelente dúas vivendas do castro, ademais dun muíño de man e restos de cerámica dunha extraordinaria calidade.
Aquel descubrimento foi seguido con gran expectación por toda a veciñanza do municipio de Xove e doutros visitantes que chegaban cada día a ver o avance dos descubrimentos arqueolóxicos. Isto constituía unha proba máis do interese que a poboación demostra pola súa historia e que parte da esperanza de coñecer máis acerca da vida daqueles devanceiros tan afastados no tempo, pero próximos na paisaxe e no espazo que habitamos.
O castro costeiro de San Tirso será o primeiro escavado no municipio de Xove, e o segundo, despois do de Fazouro, de toda a provincia de Lugo. Con esta intervención, o Concello de Xove, que conta cun alto número de castros costeiros catalogados, pretende a creación dun recurso cultural e turístico de gran valor, ademais de acadar datos científicos que permitan completar e confirmar o descuberto no ano 2020; como pode ser a existencia dun posible comercio marítimo con pobos afastados, a fabricación propia de armas de ferro e de cerámica, formas de alimentación, obtención e conservación dos alimentos, as formas de explotación dos recursos mariños próximos, e tamén sobre a fabricación de tecidos. Ademais de todo aquilo co que o castro de San Tirso de Portocelo decida sorprendernos nesta campaña 2025.
O Concello de Xove organizará, coma en tódalas intervencións arqueolóxicas que promove, unha sólida campaña de difusión e de achegamento do traballo arqueolóxico ao público a través de visitas concertadas e guiadas. Como nas ocasións anteriores, o arqueólogo director, D. David Abella, esperará cada día de traballo na entrada da escavación ás 11:00 h, para acompañar na visita a tódalas persoas que o desexen.






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



