Tres días despois de que a Deputación de Lugo o demostrara documentalmente, o Alcalde de Cervo, Alfonso Villares, admite agora que tentou cobrar 20.000 euros á empresa adxudicataria por obras ilegais nunha estrada provincial ó seu paso pola Senra. Ante a propia confesión do rexedor do PP, o organismo provincial esixe “unha rectificación pública polos seus enredos e artimañas” coa firma, “totalmente alleos á Deputación e dos que non teñen culpa nin os veciños de Cervo, nin os do resto da provincia”, subliñou o voceiro provincial socialista e Deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez.
Coa súa “disparatada fuxida cara adiante”, o rexedor popular “acabou admitindo todas as súas mentiras”, argumentou Martínez:
– “Dixo que o Concello non tivo nada que ver coa obra da Senra. Mentira: foi o Concello o que pediu o investimento e o que solicitou a licenza para executar os traballos”.
– “Acusou durante dous anos á Deputación de Lugo de persecución. Mentira: el mesmo recoñece nunha acta oficial e pública do propio Concello que os traballos estaban mal feitos e que foi el o que perseguiu a unha empresa para que lle entregase os cartos da multa. Que pretendía? Incumprir a Lei poñendo en grave perigo ós viandantes e saír impune? Cre que está por riba da legalidade?”
– “Agora recoñece o que anteriormente negou: que tratou de cobrar un cheque entregado pola empresa para pagar a multa que lle puxo a Deputación por obras ilegais en propiedade provincial”.
– Finalmente, “sae con que o cheque non tiña fondos, que cobrou en falso e que foi enganado supostamente pola empresa, algo que, en todo caso, debe aínda demostrar. Cantas máis explicacións dá, máis se funde no seu propio lodo”.
Por todo isto, ademais de desculpas públicas, o Alcalde de Cervo “débelle moitas explicacións ós veciños”, recalcou Martínez. Entre outras cousas, ten que aclararlles “por que estivo ocultando deliberadamente durante dous anos que recibiu un cheque de 20.000 euros da empresa adxudicataria co único obxectivo de atacar á Deputación e sacar réditos políticos, cando ademais desde esta institución lle demos todas as facilidades para evitar a sanción, ás que non se acolleu”, explicou o Deputado socialista. O comportamento de Villares foi cualificado polo Deputado como “neglixente, irresponsable e de mala praxis”.
Renuncia a investimentos provinciais
A “obsesión” de Villares contra a Deputación, afirmou o socialista, “lévao a renunciar a proxectos moi beneficiosos para os cervenses, que, ademais, lles aforrarían cartos, como dous plans para reducir a factura eléctrica e a certificación de calidade medioambiental ISO 14001 e EMAS para as praias, que aceptaron a maioría dos rexedores. “A pesar da crise económica, o Alcalde é un dos poucos de toda a provincia que rexeita por sistema os programas provinciais”, indicou.
O caso do proxecto de aforro enerxético “é flagrante”, dixo Martínez, pois, en vez de sumarse á iniciativa totalmente gratuíta da Deputación, Villares optou por pagar por un plan da Xunta que ademais inclúe menos actuacións.
En canto á certificación de praias, Cervo perdeu un investimento de 28.000 euros para implantar o selo ISO 14001 e EMAS, os de maior rigor a nivel internacional e que garanten un plus de calidade ós areais.




















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



