Voluntarios de Alcoa San Cibrao acometen este venres 21 de febreiro unha xornada intensa en tarefas para a comunidade. Mentras un grupo acondiciona as instalacións deportivas da praia da Marosa de Burela, outro grupo de voluntarios construirá un xardín personalizado no Centro de Maiores de Foz.
Fundación Alcoa respalda ambas iniciativas con sendas donacións de 3.000 dólares para as organizaciones colaboradoras, a Asociación para o Fomento do Deporte Porto de Burela e a Asociación O Caiado de Foz, respectivamente.
Os trabajos previstos na Praia da Marosa inclúen a limpeza da zona, o corte da herba, a pintura do muro do parque anexo ó campo de fútbol municipal, a plantación de catro tararix e o acondicionamiento da zona verde, tanto exterior coma do parque.
O Concello de Burela, que estará representado polo alcalde José González Barcia, colabora así mesmo nas tarefas de mellora que repercutirán en beneficio tanto dos mozos coma dlos veciños que visiten a praia da Marosa.
A Asociación para o Fomento do Deporte Porto de Burela (A.F.D. Porto de Burela), é unha escola de fútbol que adestra a uns 180 nenos e mozos de entre 4 e 18 anos que compiten no ámbito provincial.
Mentras tanto, outro nutrido grupo de voluntarios de Alcoa creará un xardín personalizado nun espazo da residencia de Anciáns de Foz que non se utiliza na actualidad e que os servizos do concello de Foz adecuarán para este fin e que estará representado polo seu alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
O xardín construirase a unha altura determinada para que cada residente poida plantar as súas flores ou froitos sentado ou de pé, segundo as circunstancias de cada un, na súa propia bandexa de cultivo, identificada co seu nome, tipo de planta e coidados que require. O biólogo e presidente da Asociación O Caiado de Foz, Xesús Blanco, asesorará en canto ás plantaciones e coidados. O xardín completarase coa plantación de catro laranxos conmemorativos da actividade, que conta tamén coa colaboración da Asociación de Mulleres Rurais AFAMER, a Asociación de Amas de Casa de Foz e a Asociación María Auxiliadora tamén de Foz.
A Asociación O Caiado de Foz que organiza este acto, realiza traballos de voluntariado ena residencia, acompañando aos residentes no día a día e facendo do seu entorno un lugar máis agradable e aberto a todos os veciños de Foz.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



