A Asociación de Comerciantes, Industriales, Servicios e Autónomos de Ribadeo xunto á Confederación de Empresarios de Lugo e Caixa Rural Galega organizan unha xornada informativa sobre a normativa SEPA: o seu funcionamento e os cambios que supón para as empresas, por exemplo nos cobros e pagos; xa que afecta a transferencias, adeudos domiciliarios, tarxetas bancarias, etc, e que formalmente entrou en vigor o pasado 1 de febreiro. A xornada, destinada a empresarios de Ribadeo e do resto da comarca da Mariña, terá lugar este mércores 19 de febreiro na Casa do Mar a partir das 20.00 horas. Os ponentes serán: Javier Ruiz Castro, xefe de Organización e Sistema de Caixa Rural Galega e José Manuel López Marcos, director comercial de Caixa Rural Galega.
Xornada informativa sobre a normativa SEPA en Ribadeo
Xornada informativa sobre a normativa SEPA en Ribadeo
Relacionado
-
“Non é posible un acceso seguro a un dos lugares máis emblemáticos do noso pobo: a Ribeira do Perdouro, Área Xeolóxica e praia?”, pregúntase O Vencello
-
A Asociación Esperanza de loita contra o cancro de Burela vén de poñer á venda a súa lotaría de Nadal deste ano 2025, en concreto o número 56.162
-
A praia dos Bloques de Ribadeo acolleu este xoves unha tarde de xogos na auga