O Teatro Pastor Díaz de Viveiro acolle o sábado 22 de marzo a partir das 20.00 horas o IV Certame de Bandas da Semana Santa “Cidade de Viveiro” organizado pola Xunta de Confradías da Semana Santa. A Banda Nuestra Señora de La Misericordia interpretará “Yacente en Santa María”, de Lucas Requeijo; “A esta es” de Alejandro Guerrero; e “Bendición” de Juanma Carranza. Pola súa parte, a Banda de CCTT Padre Nuestro de Palencia ofrecerán a música de “En tu buena muerte”, de Pedro Manuel Pacheco; “Cantemos al amor de los amores (himno eucarístico)”, e “Historia de una pasión” de Francisco Ortiz Morón. Ademais, a Banda TAU de la Vot de Viveiro levará ao Pastor Díaz “Himno franciscano”, “Reina soberana” e “Perdona a tu pueblo Señor”. Pola súa parte, a Banda Naval de Casino de Viveiro intepretará “Jesús ante Anas”, de Bienvenido Puelles Oliver; “Columna y Azote”, de Pedro Manuel Pacheco Palomo, e “Amor de Madre” de Francisco Javier González Rios; mentres que pecha o programa a Banda de CCTT. Stmo. Cristo de la Victoria de León coas pezas “Ante Anás …”, de Nicolás Turienzo Robles, “Penas de Al – Andalus” e “El Alma de la Victoria”, ambas de Santiago Rojo Rubio.
IV Certame de Bandas da Semana Santa “Cidade de Viveiro”
IV Certame de Bandas da Semana Santa “Cidade de Viveiro”
Relacionado
-
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, asistiron este luns en Mondoñedo á inauguración da rúa Andrea López Chao en homenaxe á mestra mindoniense, pioneira na loita polo dereito das mulleres á educación e á saúde na emigración galega en Cuba
-
Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro, asistiu este domingo á ofrenda á Virxe dos Remedios en Mondoñedo, un dos actos relixiosos e culturais máis relevantes da Mariña e da provincia
-
Ás cinco da tarde deste sábado saía das inmediacións do Parque de San Francisco a XI Media Maratón Ribadeo-As Catedrais na que se inscribiron máis dun milleiro de corredoras e corredores.