O sábado pasado, actuaron na Residencia de Anciáns de Foz, o grupo de teatro “A Adala” de Fazouro dentro dos actos que organiza a Asociación Cultural “O Caiado” coa colaboración da Fundación Alcoa. A actuación do grupo “A Adala” que durou preto dunha hora, puxo en escea un tango bailado, dita música foi composta por Arcadio Mon. Acto seguido fixeron unha representación teatral humorística rematando cun monólogo.
