Varios usuarios dos diferentes dispositivos cos que conta a Asociación “A Mariña” (CRPL de Burela, CRPL de Ribadeo, piso protexido e Unidade Residencial) acompañados de monitores, iniciaron este xoves unha viaxe que os levará polas Rías Baixas e o norte de Portugal ata o próximo domingo día 16.
Trátase dunha actividade de integración na comunidade coa que pretendemos promover valores e habilidades sociais como son a empatía e a convivencia en grupo, nun contexto de ocio e esparcemento, ademais de procurar e pontenciar como fin último, o disfrute dos nosos usuarios que sabemos que redunda moi positivamente na súa calidade de vida.
Co gallo de traballar por esta mesma integración e a normalización das enfermidades mentais, o persoal técnico da Asociación levará, a partires da próxima semana e durante os meses de marzo e abril, a Campaña Mentalízate aos institutos de Burela. Con esta campaña pretendemos aumentar o coñecemento das enfermidades mentais na nosa poboación e traballar os estigmas e prexuizos que ainda se manteñen respecto á enfermidade mental, ao mesmo tempo que tratamos de concienciar sobre a importancia de levar uns hábitos de vida saudables para manter non só a saúde física, senón tamén a saúde mental, moitas veces olvidada na nosa sociedade.