A Aula da Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de O Vicedo reabrirá as súas portas este martes 25 de marzo con horario de 16.30 a 20.00 horas.
A Aula centrará a súa actividade en cursos, charlas e Aula Aberta con horarios que dependerán das persoas e colectivos inscritos.
A Rede CeMIT da Xunta de Galicia configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital na sociedade galega. A Rede CeMIT ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionarlles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.
Para inscribirse ou para solicitar máis información sobre as citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de O Vicedo, sita na Rúa Cidade de Mondoñedo, número 23; a través da páxina web http://cemit.xunta.es/; chamando ao teléfono 982 590 195 ou enviando un correo electrónico ao enderezo: cemit.ovicedo@xunta.es.